Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carolina Iglesias, Laura Márquez e Xavi Daura presentarán novos contidos no Carballo Interplay
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Carolina Iglesias, Laura Márquez e Xavi Daura presentarán novos contidos no Carballo Interplay

S. P.
Publicado: 19/03/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cip_432912232_964654838334887_229254479656301352_n.jpgO festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que terá lugar na vila bergantiñá entre o 4 e o 7 de abril, presentou a súa programación de shows. Podcast en directo, monólogos e seccións clásicas do festival como Código Fonte Audiovisual son algunhas das actividades coas que o evento trae a Galicia algunhas das voces do eido dixital máis coñecidas. A galega Carolina Iglesias volve a Carballo coa cómica Laura Márquez e recalan na nosa terra os directos dos podcast Maldito Bollodrama e Pena y Pánico. Xavi Daura tamén presentará por primeira vez na comunidade a súa proposta XD. Todos os espectáculos serán de entrada libre ata completar capacidade.
O cómico Xavi Daura, co-creador do dúo Venga Monjas presentará por primeira vez en Galicia un espectáculo de standup no que xoga coas súas iniciais no título XD. Daura traballou como guionista en proxectos como Da Suisa e Museo Coconut e actualmente forma parte do equipo do late night La Resistencia.
cip_432871559_853785143177652_3856892182133152630_n.jpg O sábado 6 ás 18:30 chega a Galicia por primeira vez o podcast Maldito Bollodrama. Presentado por Laura Terciado e Bake Gómez conta co Recoñecemento Arco Iris do Ministerio de Igualdade 2023 pola visibilización, apoio e defensa dos dereitos das persoas LGTB. Durante o programa, de ton humorístico, as presentadoras contan as súas experiencias e reflexionan sobre o que significa ser unha muller lesbiana hoxe en día. O programa conta coa produción de Radio Primavera Sound.
No mesmo día ás 21.30 horas chega a quenda de Pena y Pánico, o dúo formado pola ilustradora La Prados e a cómica Raquel Hervás encargarase nesta edición da sección Rajando con.
Pena y Pánico é un podcast no que as autoras contan os seus temores máis profundos á vez que intentan curalos con humor. A noite rematará no bar American cun Karaoke con Esteban, unha versión nova e máis tola deste xogo clásico onde Esteban non deixará a ninguén sen saír a cantar.
cip_432930339_952467149607862_8471094481901420730_n.jpg O domingo 7 de abril o Carballo Interplay pechará a súa undécima edición coa cómica galega Carolina Iglesias, que pasou por varias edicións do festival, gañando en 2020 coa serie Válidas creada coa cómica Victoria Martín, coa que tamén presenta o podcast Estirando el chicle. Iglesias volve a Carballo cun espectáculo feito en exclusiva para o festival e acompañada pola tamén humorista Laura Márquez. En Código Fonte Audiovisual, un espectáculo marca Interplay, comentarán as obras audiovisuais que marcaron a súa cultura e forma de entender o mundo, nesta ocasión marcadas pola nostalxia millennial. Será ás 11:30 no Mercado de Carballo.
Ás 12:30 chega a quenda da entrega de premios, a cargo das Izquierdo Sisters. Lucía Veiga e Marita Martínez forman este dúo cómico de improvisación que conta con máis de 10 anos de traxectoria. Para rematar a festa Salicrunette DJ dará o toque musical nunha sesión vermú no bar American. Marta Salicrú, dj e xornalista musical, fará un percorrido pola música pop, dende os sons máis clásicos ata o R&B contemporáneo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?