Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Olimpíada Informática Española 2025 celebrarase na FIC da UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Olimpíada Informática Española 2025 celebrarase na FIC da UDC

S. P.
Publicado: 19/03/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

relevo_para_a_organizacion_da_oie_2025_de_sevilla_a_a_coruna_.jpgEsta fin de semana Sevilla acollía a XXVIII Olimpíada Informática Española (OIE) 2024 celebrada na Escola Técnica Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Sevilla. Os galegos gañadores da Olimpíada Informática Galega (OIG), celebrada en Ourense en febreiro, o ferrolán Pedro Rey Anca (estudante de 2º de bacharelato do IES Saturnino Montojo de Ferrol) e o vedrés Hugo Domínguez Conde (estudante de 1º de bacharelato do CPR Manuel Peleteiro de Santiago), foron os representantes neste certame estatal acadando un diploma pola súa participación.
Os catro gañadores que recibiron a medalla de ouro da competición: Alejandro Vivero, Javier Baeza, Daniel Nieto e Héctor Berdeal, compoñen o equipo español que participará na 36ª Olimpíada Internacional de Informática que se celebrará en Exipto no mes de setembro.

Hugo Domínguez, Fernando Suárez e Pedro Rey na OIG 2024 en Sevilla
Hugo Domínguez, Fernando Suárez e Pedro Rey na OIG 2024 en Sevilla
Indo ao encontro sevillano, dicir que alí tivo lugar a toma de relevo da organización da Olimpíada Informática Española 2025 que recaeu en Galicia, en concreto na Facultade de Informática da Coruña (FIC) da UDC que será a responsable da XXIX edición do certame. Fernando Suárez, presidente do CPEIG, salientaba que a olimpíada marca realmente o ciclo entre as competicións, polo que indicou que este ciclo para a Coruña comeza hoxe mesmo e, dende o CPEIG, darase todo o apoio posible a FIC para celebrar este concurso.
A Olimpíada Informática Española (OIE) é o concurso nacional de programación informática para estudantes de ensinanza secundaria, bacharelato e grao medio. A OIE celébrase en España desde 1997, co apoio da Fundación Aula Escola Europea de Barcelona e o equipo español sempre participou en todas as súas edicións. Desde 2006, a Facultade de Informática de Barcelona (FIB) da Universidade Politécnica de Cataluña (UPC) e, desde 2019, a Conferencia de Directores y Decanos de Ingeniería Informática (CODDII) colaboran coa Fundación Aula Escola Europea na organización do concurso, así como o Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática, o Ministerio de Educación y Formación Profesional e a Sociedad Científica Informática de España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?