Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SOGAMA e o CITIC queren mellorar a clasificación de envases a través de IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SOGAMA e o CITIC queren mellorar a clasificación de envases a través de IA

S. P.
Publicado: 19/03/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gresint_gain_proxecto_citic_sogama.jpgA sede compostelá da Axencia Galega de Innovación (GAIN) acolleu a pasada semana a posta en marcha do proxecto europeo GRESINT, que encabeza a empresa pública SOGAMA e que conta coa participación do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, ademais das institucións lusas LIPOR e a Universidade de Beira Interior (UBI). Trátase dunha iniciativa punteira que persegue “mellorar a clasificación de envases a través de tecnoloxías intelixentes que serán testadas mediante tres pilotos nas plantas de clasificación de envases de SOGAMA e LIPOR”. O obxectivo é “dar un paso adiante de cara a cristalizar os obxectivos marcados por Europa en materia de reciclaxe”.
Por parte do CITIC participaron nesta presentación os investigadores Miguel A. Rodríguez Luaces e Carlos Vázquez Regueiro, quen xunto coa directora xeral de SOGAMA, Mirta Sueiro; o xestor de LIPOR e un profesor da Universidade da Beira Interior expuxeron os principais aspectos da iniciativa.
GRESINT: Xestión Intelixente dos Residuos
gresint_gain_proxecto.jpg O consorcio contempla a incorporación de tecnoloxías intelixentes á xestión de residuos de envases lixeiros, é dicir, aqueles depositados pola cidadanía nos colectores amarelos de recollida selectiva. Cun orzamento de 787.544,67  euros, enmarcado na terceira convocatoria do Programa Interreg España-Portugal (POCTEP 2021-2027), e unha duración de 3 anos (desde xullo do 2023 a xuño de 2026), este proxecto desenvolverá un piloto de plataforma de Intelixencia Artificial para mellorar a recuperación e a reciclaxe de envases, contemplando a incorporación de distintos dispositivos, como é o caso de sensores, que permitan levar a cabo unha xestión anticipativa do proceso e mellorar así o resultado final.
O CITIC da UDC é un dos socios promotores do consorcio GRESINT en Galicia, ademais de SOGAMA. No caso de Portugal, contarase coa participación da Asociación de Municipios para a Xestión Sostible dos Residuos do Gran Porto (LIPOR) e da Universidade de Beira Interior (UBI), situada na cidade de Covilha.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?