Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da UVigo reivindican os beneficios da Realidade Virtual en persoas con esclerose
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da UVigo reivindican os beneficios da Realidade Virtual en persoas con esclerose

S. P.
Publicado: 03/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_esclerose_realidade_virtual_pofisioavempo1.jpgInvestigadores da Facultade de Fisioterapia (UVigo) desenvolven coa Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) un proxecto que analiza beneficios do exercicio terapéutico con lentes de Realidade Virtual en persoas con esclerose múltiple. Coordinado polos fisioterapeutas Gustavo Rodríguez e Pablo Campo, do grupo HealthyFit da UVigo e do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, preto dunha vintena de socios e socias de AVEMPO participaron neste estudo pioneiro, que conta co financiamento do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (COFIGA).
“Neste colectivo non había investigacións que exploraran os usos da Realidade Virtual inmersiva para a mellora das súas capacidades funcionais”, destaca Campo respecto dun estudo que se insire á súa vez no convenio de colaboración entre a UVigo e AVEMPO e no que participou tamén a estudante de mestrado de Fisioterapia Elena Ferreiro.
Dando continuidade a proxectos previos do grupo HealthyFit, que exploraban os beneficios da actividade física con dispositivos de RV, este estudo céntrase na realización e posterior análise dun programa de exercicio baseado no uso de exergames, videoxogos que implican unha compoñente física e cognitiva.
“Traballaramos xa con persoas con párkinson ou alzhéimer e tratamos de extrapolar esta experiencia previa a un colectivo co que non se realizarán intervencións deste tipo, maila que xa exploramos os beneficios do exercicio nesta poboación nun artigo publicado no Journal Clinical Medicine”, apunta Campo, lembrando que “a esclerose múltiple é unha enfermidade neurodexenerativa inflamatoria crónica, que implica diferentes afectacións xerais, na marcha, no equilibrio e na forza ou problemas de control motor e tamén unha sintomatoloxía máis específica, como poden ser cadros de fatiga moi marcados, e que ademais afecta a persoas moi novas”.
O programa foi realizado a un grupo de persoas cunha idade media próxima aos 40 anos.
O proxecto abrangueu o desenvolvemento dun programa de exercicio de oito semanas, con dúas sesións semanais, nas que un grupo de participantes debía desenvolvía diferentes actividades cunhas lentes de Realidade Virtual inmersiva Oculus Quest 3, un dispositivo de última xeración. Esta actividade foi supervisada pola fisioterapeuta Elena Ferreiro, como parte do seu traballo final no mestrado en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia, xunto co persoal da asociación e, de xeito, paralelo, outro grupo de participantes no estudo seguiu realizando as actividades programadas polas asociación.
Campo relata que rematada a intervención e feitas as avaliacións finais, “os resultados iniciais son positivos”, xa que constatan que desenvolver do programa é “factible e seguro, sen efectos adversos”, así como a “elevada satisfacción e o compromiso” das e dos participantes coa iniciativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?