Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AJE Ferrolterra organiza un obradoiro para forma ás empresas en ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AJE Ferrolterra organiza un obradoiro para forma ás empresas en ciberseguridade

S. P.
Publicado: 03/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aje_ferrolterra_ciberseguridade.jpgA seguridade cibernética é un tema cada vez máis relevante e para as empresas comeza a converterse nunha necesidade. Sabedores disto, a Asociación de Empresarios Novos de Ferrol, Eume e Ortegal (AJE Ferrolterra) organiza unha formación sobre Ciberseguridade encamiñada a PEMES e autónomos, que se levará cabo celebrar o vindeiro xoves, 9 de maio, das 16 ás 19 horas na súa sede.
A xornada contará coa participación de Pablo Rivera, director executivo (CEO) de 2ksystems, unha empresa líder na comarca especializada en servizos informáticos integrais para empresas. Rivera, cunha ampla experiencia no eido e personalizará os contidos do obradoiro para adaptalos ás necesidades específicas dos asistentes. Durante a formación, ensinaranse as ferramentas e coñecementos precisos para protexer ás empresas fronte ás ameazas dixitais, así como os principais vectores de ataque na actualidade. O obxectivo principal é que os participantes adquiran competencias sólidas na protección dos seus datos e os dos seus clientes, fortalecendo así a seguridade dos seus negocios na contorna dixital.
Engadir que a xornada será inaugurada por Martina Aneiros, delegada Territorial da Xunta en Ferrol, quen adicará unhas palabras aos/as asistentes salientando a importancia deste tipo de iniciativas no ámbito empresarial.
Dicir que para inscribirse nesta formación e obter máis información sobre o evento, pódese contactar con AJE Ferrolterra a través do seu correo electrónico info@ajeferrolterra.org ou na súa sede situada no Cantón de Molíns 8-9 Entrechan (Ferrol).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?