Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abel Losada examina coa delegada de Telefónica o importante avance da banda larga en Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abel Losada examina coa delegada de Telefónica o importante avance da banda larga en Pontevedra

S. P.
Publicado: 03/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

abel_losada_paula_rodriguez_beiran.jpgO subdelegado do Goberno, Abel Losada, reuníase coa delegada de Telefónica para o noroeste, Paula Rodríguez Beirán, para botar unha ollada ao avance da conectividade en banda larga na provincia de Pontevedra. En cifras: 623.000 unidades inmobiliarias (vivendas máis empresas) das 682.000 existentes na provincia de Pontevedra contan xa con fibra óptica grazas, en boa parte, ás achegas estatais a través do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión (ÚNICO) de Banda Larga.
Indo ao encontro, dicir que tamén estivo presente de xeito telemático Ricardo Martínez, responsable da despregadura de fibra na zona Norte, quen constatou que máis do 91% das unidades inmobiliarias da provincia dispoñen xa de conectividade, a maior parte a través de Telefónica. Telefónica foi adxudicataria da primeira convocatoria do Plan ÚNICO, no ano 2021, na provincia de Pontevedra. A empresa logrou unha subvención estatal de 3,58 millóns de euros co obxectivo de conectar case 18.000 unidades. Este contrato está finalizado, pero Telefónica continúa co seu plan propio de despregadura e ten en curso outras 12.000 conexións, que elevarán a conectividade en banda larga da provincia noutro 1,5%.
Emporiso, con anterioridade a esta xuntanza, Abel Losada reuníase tamén cos responsables das outras dúas empresas que están a despregar fibra na provincia e que resultaron adxudicatarias das convocatorias estatais para a provincia nos anos 2022 e 2023. Estamos a falar de Avatel, adxudicataria do ÚNICO 2022 (7,8 millóns de euros de subvención e obxectivo de conectar 22.300 unidades) e Rede Aberta, adxudicataria do ÚNICO 2023 cunha subvención de 7,68 millóns de euros para enganchar outras 18.100 unidades inmobiliarias. Todo este operativo, impulsado polo Goberno de España e financiado cos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) de España, finaliza en decembro de 2025.
En canto ao Plan ÚNICO, sinalar que botaba a andar para garantir a chegada de servizos de banda larga de 300 Mgps simétricos, escalables ata 1Gbps. Segundo Abel Losada, esta iniciativa do Goberno situou a España como líder en despregadura de fibra óptica en toda Europa, tanto por número de fogares conectados como pola velocidade da conexión.
Paula Rodríguez ofreceu á Subdelegación toda a colaboración de Telefónica para chegar ás cada vez menos unidades inmobiliarias ás que aínda non chegou a despregadura da rede, ben pola súa situación afastada, ben por falta de permisos por parte das Administracións ou persoas propietarias. A este respecto, Abel Losada salientou que: “Galicia, pola súa altísima dispersión territorial e pola súa orografía é todo un reto”. Aínda así lembrou que o Goberno de España garante que onde non sexa posible chegar coa fibra garantirase o servizo a través do satélite Hispasat.
Abel Losada deu conta tamén de que a Subdelegación do Goberno remite trimestralmente aos concellos o informe que elabora o Ministerio para a Transformación Dixital e a Función Pública cos municipios que tardan máis de 120 días na tramitación das autorizacións para o tendido da fibra óptica. Co informe solicítanse aclaracións das causas da demora. O subdelegado pediu máis colaboración por parte dos alcaldes e alcaldesas facendo cadaquén o que lle toca e fuxindo do “populismo contraditorio”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?