Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Especialistas abordan nunha xornada do CCG a divulgación científica nos novos espazos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Especialistas abordan nunha xornada do CCG a divulgación científica nos novos espazos

S. P.
Publicado: 06/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ccg_divulgacion_ciencia_novos_espazos.jpgEste martes 7 de maio o Concello da Cultura Galega organiza a xornada A divulgación científica en galego nos novos espazos, na que participarán, en horario de tarde (a partir das 16:30 horas) Xurxo Mariño, Tamara Pazos Cordal ou Andrea Camacho Manzaneda. O obxectivo deste encontro organizado por Manuel Vicente e Yolanda Casal é “abrir o debate e contribuír dalgún xeito a promover a presenza do idioma propio de Galicia nos novos formatos tecnolóxicos, ao tempo que facer unha reflexión sobre a situación en Catalunya e Euskadi”. A xornada é presencial e pode seguirse en directo no web e nas redes sociais da institución, por exemplo a través de Youtube.
Máis polo miúdo, a xornada busca “poñer sobre a mesa os novos espazos abertos no ámbito virtual tras a revolución que se produciu no ámbito das redes sociais e a popularización das plataformas de audio”.
Divídese en dúas partes. Por unha banda, analizarase a situación galega da man do neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño; da coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña e produtora do podcast Onda Ciencia en Cuac FM Cristina Maya, e da bióloga, divulgadora sobre neurociencia e saúde, instagrammer e podcaster Tamara Pazos Cordal.
Pola outra banda, daranse a coñecer experiencias que acontecen noutras linguas como o catalán e o éuscaro. Andrea Camacho Manzaneda, ambientóloga, podcaster e membro do colectivo Neurones Fregides (plataforma de divulgación científica en catalán), falará do caso catalán, mentres que Ziortza Guezuraga, responsable de Comunicación Dixital da Cátedra de Cultura Científica da Universidad del País Vasco / Euskal Herriko Unibertsitatea, abordará a súa experiencia en éuscaro.
A xornada está organizada pola Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, que coordina Elena Vázquez Cendón. Ademais, con esta actividade tamén se pretende facer “unha reflexión actual sobre algúns dos contidos que figuraban no Informe sobre a divulgación da ciencia en Galicia, un documento que fai agora nove anos e no que se identificaban diferentes proxectos e iniciativas que existían en galego para a divulgación científica, así como as estratexias para a comunicación e as súas ferramentas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?