Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC celebrou o Día da Ciencia na Rúa apostando firme polas tecnoloxías inclusivas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC celebrou o Día da Ciencia na Rúa apostando firme polas tecnoloxías inclusivas

S. P.
Publicado: 07/05/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

citic._dia_da_ciencia_na_rua.jpgA Coruña celebrou o sábado 4 de maio o Día da Ciencia na Rúa coa asistencia dun milleiro de persoas, demostrando a responsabilidade da cidade herculina coa divulgación científica e a participación cidadá. A presenza do CITIC un ano máis neste evento, fortalece o seu rol como axente activo na transferencia de coñecemento e tecnoloxía, e destaca o seu compromiso coa inclusión social e a accesibilidade.
O CITIC uniuse á celebración cun programa deseñado para fomentar unha experiencia interactiva e educativa para todos os asistentes co foco posto nas tecnoloxías inclusivas. Desde temperán e ata o atardecer, o centro ofreceu diferentes actividades estreitamente comprometidas coa innovación, a investigación e a inclusión social.
O obradoiro de circuítos e luz que dirixiron Adriana Dapena e Paula María Castro, investigadoras do CITIC, ofreceu aos participantes unha experiencia práctica para comprender os principios básicos da electricidade e a iluminación. Na carpa principal, os asistentes tiveron a oportunidade de mergullarse no mundo da tecnoloxía adaptativa e a inclusión a través de varios proxectos que foron explicados por persoal investigador do centro. Os rapaces e rapazas puideron probar xogos de realidade virtual acondicionados para persoas con discapacidade, como o Mario Kart na Nintendo Switch, que conta cunhas adaptacións para os mandos feitas en impresión 3D que permitían o seu manexo a través do tronco ou da cabeza.
Ademais, expuxéronse outros produtos que empregan Makey Makey ou micro:bit, da man das investigadoras Betania Groba, Patricia Concheiro e María del Carmen Miranda, como un piano de texturas artesán ou un balancín que permite xogar a videoxogos empregando só o movemento das pernas. Esta ferramenta funciona como un mando de consola e está feita a partir dunha táboa de equilibrio que normalmente se utiliza para exercicio físico. “Non sabía que se podía xogar ao Mario Kart coa cabeza. É moi difícil para min, pero é importante que todos os nenos poidan desfrutar como o fago eu”, comentaba entusiasmada Clara, unha das nenas que tivo ocasión de probar o proxecto de mandos adaptados.
citic._ambiente_3_.jpg Tamén se amosaron as HoloLens ou o Robobo, o robot que funciona co teléfono móbil e que foi ideado por investigadores do CITIC para o seu uso como ferramenta educativa en Intelixencia Artificial e robótica.
Ademais das presentacións na carpa principal, o CITIC contou co proxecto de Raúl Martínez Díaz, un videoxogo personalizado para as persoas con discapacidade, no que os participantes debían clasificar e arrastrar diferentes obxectos, frecuentes nunha casa, ao espazo concreto ao que pertencían. Tal e como comentaban os participantes “é unha ferramenta que permite traballar as habilidades psicomotrices, así como a concentración, a memoria ou a asociación de obxectos”. Diego Darriba, investigador do CITIC, empregou un Robot Maqueen para amosar aos máis pequenos como o aparello percorría un circuíto dándolle unhas directrices a través de Microsoft MakeCode, unha plataforma para aprender a programar en liña.
Os estudantes do IES Maximino Romero de Lema amosaron o prototipo deseñado como parte do programa Talentos Inclusivos, que está a celebrar a súa cuarta edición. O grupo do centro educativo está a traballar nun comunicador que, mediante un botón, emite unha mensaxe e, á súa vez, proxecta unha imaxe animada con Intelixencia Artificial que pode empregarse para tarefas cotiás, coma pedir auga. “O obxectivo deste reto é facilitar a comunicación dos usuarios con parálise cerebral”, tal e como explicou Iván, o alumno de dito centro.
Desde o seu nacemento, o proxecto Talentos Inclusivos reflicte o compromiso do CITIC co desenvolvemento de solucións prácticas e efectivas para as necesidades reais da comunidade, ó tempo que achega a realidade das persoas con discapacidade á mocidade e a sociedade en xeral.
citic._ambiente.jpgTamén se presentaron proxectos innovadores, como GriDall-e, unha adaptación de Manuel Lagos e Paula de Santos, investigadores do centro, para a xeración de imaxes con IA. Así, os nenos e nenas tiveron a posibilidade de crear diferentes debuxos a partir dunha serie de opcións que podían engadir, como a paisaxe de fondo, persoas ou animais, cores da roupa ou expresións faciais. Francisco Rodríguez, que traballa no modelado de personaxes en 3D para xogos no ámbito das persoas con discapacidade, fixo una demostración dunha animación dun reno en 3D no entorno dunha das salas do CITIC.
No marco da xornada, puxéronse en marcha algunhas demostracións de produtos deseñados en edicións pasadas de Talentos Inclusivos, como a pintura con produtos de apoio de cabeza, co que os rapaces puideron poñer a proba as súas habilidades artísticas.
A contribución do CITIC ao Día da Ciencia na Rúa é un claro exemplo de como a ciencia e a tecnoloxía poden ser aplicadas para o beneficio social. Este enfoque, ademais de promover a accesibilidade e a autonomía persoal, subliña a importancia da investigación centrada no usuario no eido da tecnoloxía, demostrando que esta pode e debe ser deseñada para todos, e asegurando que os avances científicos contribúan a unha sociedade máis equitativa e integradora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?