Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seresco revoluciona o sector cartográfico con intelixencia artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seresco revoluciona o sector cartográfico con intelixencia artificial

S. P.
Publicado: 07/05/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

seresco_gis_mapstorm.jpgSeresco, compañía tecnolóxica española con marcada presenza en Galicia (onde celebrou recenmente o seu 50 aniversario), informou do remate do proxecto de investigación e desenvolvemento para a mellora dos servizos de produción cartográfica, aplicando técnicas de Intelixencia artificial (IA) sobre imaxes de territorio, aéreas e satelitales de alta resolución. Este proxecto liderado por Seresco, chamado IA4Geo, achega tecnoloxías que permiten interpretar de forma rápida e precisa a evolución e características dunha determinada zona xeográfica.
A iniciativa enmarcouse nun plan estratéxico da compañía que aposta por mellorar os procedementos necesarios para a obtención de xeoinformación, e chega á súa fase final tras 20 meses de execución.
O proxecto IA4Geo foi co-financiado polo Goberno de España e a Unión Europea a través de RED.ES e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Liderado pola área de Cartografía e Catastro xunto coa área de Tecnoloxía e Innovación de Seresco, tivo a colaboración da Universidade de Oviedo.

Contidos
  • O proxecto: detección de cambios no territorio de maneira automática
  • Tecnoloxía GIS: ao servizo da innovación cartográfica

O proxecto: detección de cambios no territorio de maneira automática

O resultado é o desenvolvemento dunha ferramenta para a detección automática de cambios entre dous ortoimaxes (imaxes aéreas ou satelitais corrixidas para eliminar os efectos da perspectiva e a inclinación) de mesma localización espacial, pero diferentes instantes temporais. O obxectivo é “detectar cambios acaecidos entre ambas as imaxes e optimizar os traballos de actualización das bases de datos cartográficas”, informou Seresco, engadindo que a ferramenta construíuse a través do adestramento de redes neurais convolucionais (CNN) que unha vez adestradas, “son quen de analizar os pares de imaxes e devolver unha máscara de cambios, acoutando xeograficamente as diferenzas que aparezan entre os dous intres temporais”.
Para Seresco, “o resultado final é unha ferramenta robusta e con capacidade e evolucionar e adaptarse a cambios e demandas, cun alto grao de xeneralización e un amplo espectro de detección de transformacións, que supón un gran avance técnico e que pode detectar cambios de aparición, desaparición ou modificación para unha ampla variedade de obxectos xeográficos”. Así mesmo, engade a empresa, “ignora cambios non relevantes, como os producidos por luces e sombras, vehículos, inclinación de fachadas, cambios na vexetación, na auga ou na aparición e desaparición do gando”.
Con esta ferramenta quíxose mellorar eficiencia nos traballos de actualización das bases de datos cartográficas, xa que, “en contraposición ás técnicas tradicionais que supoñen a revisión manual das ortoimaxes buscando os cambios acontecidos, agora os esforzos de actualización soamente poñen o foco naquelas zonas onde se detectaron alteracións de xeito automático”.
O produto desenvolvido pode ser utilizado por todas aquelas empresas privadas e entidades públicas mergulladas en traballos relacionados coa actualización de bases de datos cartográficas e topográficas, nas que se fai necesario, de forma periódica, levar a cabo unha actualización da información xeoespacial referente a estradas, edificacións, instalacións públicas e privadas de calquera índole, así como calquera cambio de infraestruturas nas redes de transporte.
“A mellora na eficiencia dos traballos e a súa consecuente redución de custos fai posible chegar a novos mercados e escenarios, onde ata o de agora, debido aos elevados custos de produción e de mantemento de cartografía actualizada, non se podía chegar”, sinalou Seresco, lembrando que os principais casos de uso da ferramenta permiten valorar os cambios acaecidos en edificacións de todo tipo, naves industriais, infraestruturas de rede viaria, piscinas e zonas asfaltadas

Tecnoloxía GIS: ao servizo da innovación cartográfica

seresco_deteccion_de_cambios_cartografia.jpg Partindo dun dataset propio para o proxecto, composto de imaxes satelitais Sentinel, imaxes aéreas PNOA e exemplos de etiquetaxe creados polo equipo de Seresco, e tras o adestramento e a avaliación de técnicas de Aprendizaxe Profunda (Deep Learning), os modelos xerados alcanzaron unha precisión próxima ao 90%.
A ferramenta desenvolvida foi integrada en MapStorm, un software GIS, con interface web, materializado por Seresco, cunha gran cantidade de ferramentas e funcionalidades, entre as que cómpre salientar unha completa capacidade para visualizar e editar xeoinformación procedente de múltiples fontes. A todas as súas funcionalidades, agora hai que engadir un servizo de detección de cambios para ortoimaxes.
“A integración en MapStorm fai posible unha doada execución do proceso de detección de cambios, ofrecendo ao usuario final unha maneira sinxela e intuitiva para lanzar o proceso de detección e visualizar os resultados obtidos”, engadiu a empresa tecnolóxica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?