Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello de Ministros aprobou a Estratexia de IA 2024 e a compra de Vodafone
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello de Ministros aprobou a Estratexia de IA 2024 e a compra de Vodafone

Redacción
Publicado: 14/05/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

140524-rueda-de-prensa-ministros5.jpgO Consello de Ministros aprobou a Estratexia de Intelixencia Artificial (IA) 2024, que dá continuidade ás iniciativas despregadas polo Goberno na materia e adáptaas aos cambios experimentados por esta tecnoloxía nos últimos anos.
O ministro para a Transformación Dixital e a Función Pública, José Luis Escrivá, destacou que a intelixencia artificial será clave no desenvolvemento da economía e na administración pública, polo que o Executivo quere consolidar e potenciar o seu uso desde unha perspectiva ética, humanista e transparente.
A estratexia despregarase durante os anos 2024 e 2025 e está dotada con 1.500 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e da súa adenda, que se suman aos 600 millóns xa mobilizados.
José Luis Escrivá explicou que a estratexia contempla o reforzo da supercomputación. Ao seu xuízo, España está ben preparada porque dispón dun dos computadores máis potentes do mundo, o MareNostrum, que recibirá unha inversión de 90 millóns de euros para mellorar as súas prestacións no ámbito da intelixencia artificial e facilitar o seu acceso á industria. Porén, reforzarase a Rede Española de Supercomputación.
O documento prevé o establecemento de infraestruturas dixitais sustentables. Os modelos de intelixencia artificial, segundo indicou o ministro, requiren de moitos centros de datos que terán que cumprir uns estándares ambientais e estar ordenados territorialmente. No ámbito da sustentabilidade, o Goberno tamén despregará fondos europeos para outorgar préstamos ou aportar capital a empresas que axuden a innovar no ámbito da intelixencia artificial reducindo o consumo de enerxía e de auga.

Contidos
  • Modelos de linguaxe de intelixencia artificial
  • Compra de Vodafone España por Zegona

Modelos de linguaxe de intelixencia artificial

A estratexia inclúe a creación de modelos de linguaxe en castelán e linguas cooficiais que se denominará ALIA, que estará dispoñible despois do verán. O ministro destacou que o Executivo decidiu ter un modelo propio nesta primeira etapa de desenvolvemento da intelixencia artificial por dúas razóns: que os modelos fundacionais teñan un compoñente do castelán e das linguas cooficiais grande dabondo e que ese compoñente de documentación de datos se faga con estándares elevados de transparencia e apertura.
Escrivá indicou que ningunha destas condicións se dá nos modelos dispoñibles, polo que hai que impulsar un modelo desde o ámbito público, que non pretende substituír aos xa existentes, pero si permitirá reducir os nesgos e mellorar as aplicacións prácticas que as empresas e administracións do noso país poidan desenvolver.
O ministro tamén subliñou que a estratexia impulsará o talento especializado en intelixencia artificial mediante a creación de áreas de investigación e a busca de sinerxías entre os proxectos que xa están en marcha e que supuxeron un investimento de 600 millóns de euros. Ademais, investiranse 160 millóns adicionais en bolsas e formación especializada na materia co obxectivo de que España dispoña de especialistas.
Respecto ao uso da intelixencia artificial na administración pública, José Luis Escrivá sinalou que é o ámbito onde se dan as mellores condicións para desenvolver proxectos pilotos, comprobar a súa potencialidade e controlar riscos. Ademais, desenvolverase un modelo de gobernanza común de datos e corpus da Administración Xeral do Estado que garanta a seguridade, calidade, interoperabilidade e reutilización dos datos.
Para promover o desenvolvemento da IA no sector privado, en especial no ámbito das pemes e autónomos, a estratexia recolle o desenvolvemento do programa Kit Consulting, destinado ao asesoramento. Ademais, o ministro recordou que se reforzan as convocatorias do programa Kit Dixital coa incorporación de novos produtos de intelixencia artificial e se amplían os destinatarios.
José Luis Escrivá incidiu en que hai que reforzar os elementos de seguridade para evitar potenciais malos usos da IA. A futura Lei de Ciberseguridade establecerá un marco claro e mellorará a protección dos sistemas de información, redes e datos.
Por último, a estratexia fomenta unha IA transparente, ética e humanística, tal e como recolle o Regulamento Europeo sobre a materia impulsado durante a Presidencia Española da Unión Europea. Na opinión do ministro, a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) desempeña un labor fundamental na difusión e pedagoxía da IA, dos seus usos e dos seus riscos.

Compra de Vodafone España por Zegona

140524-rueda-de-prensa-jose-luis-escriva.jpgO Goberno autorizou a compra por parte da empresa Zegona Bidco de Vodafone España, segundo avanzou o ministro para a Transformación Dixital e a Función Pública, José Luis Escrivá. Esta compra recibira a autorización da CNMC e da Comisión Europea o trimestre pasado.
A operación, que supón a compra do terceiro operador de telecomunicacións en España por cota de mercado, está valorada en 5.000 millóns de euros. O grupo comprador comprometeuse a garantir a continuidade do servizo e contempla investimentos futuros, principalmente en cobertura móbil con tecnoloxía 5G.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?