Ao igual que hai uns meses puidemos ver como Telecinco experimentou empregando unha presentadora virtual chamada Alba Renai para un dos contidos relativos a Supervivientes, temos agora a Audi presentando a Ai.leene, «a primeira asistente de voz que non é só unha voz».
Falamos do novo asistente de voz que integran os vehículos Audio Q6 e-tron, que aparte dunha voz bastante natural, é capaz de recoñecer máis de 800 ordes mediante voz, mantendo conversas e incluso permitindo ordes encadeadas, recorrendo a Alexa (e no futuro, a OpenAI) cando as necesidades do usuarios non estean ao alcance do asistente.
O xeito que atoparon para chamar a atención sobre este asistente foi creando unha modelo virtual que lle dá unha cara, conseguindo así unha maior humanización do asistente, aínda que non parece que isto vaia ir máis aló dunha campaña promocional.
Vídeo promocional de Ai.leene

