Telecinco estrea unha presentadora virtual

mércores, 13 de marzo do 2024 Marcus Fernández

Nun momento no que o uso da IA xenerativa para a creación gráfica e audiovisual está en pleno debate, dende Telecinco ousan presentar a Alba Renai, unha presentadora virtual que dará cobertura dixital a Supervivientes 2024 dende o seu novo espazo Supersecretos con Alba Renai, que poderase seguir a través de Mitele e Telecinco.es a partir de mañá mesmo, incluíndo contidos inéditos e exclusivos sobre o reality show de Telecinco.
Esta creación virtual é obra da división de innovación Via Talents de Be A Lion, e presume de ser «a primeira influente virtual adestrada por IA que presentará un espazo asociado a un grande formato televisivo» en España.
Os mellores momentos de Supersecretos con Alba Renai publicaranse tamén a través de Instagram e TikTok.

PUBLICIDADE