Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes de Comunicación Audiovisual da UVigo deseñan a web da cooperativa Rexenerando
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes de Comunicación Audiovisual da UVigo deseñan a web da cooperativa Rexenerando

S. P.
Publicado: 11/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

estudantes_cooperativa_uvigo_web_rexenerando1.jpgNa mañá deste martes 10 de decembro, 40 alumnas e alumnos do Grao en Comunicación Audiovisual enfrontábanse ao exame práctico da materia Desenvolvemento de proxectos web, no que tiveron que facer fronte a un caso real de creación dun proxecto. Máis polo miúdo tiveron que desenvolver nun prazo de cinco horas unha “proposta de redeseño” do portal web da cooperativa Rexenerando. A actividade completouse coa presentación dunha proposta de web “completamente funcional” que poderá ser empregada por esta cooperativa de Ferrol.
“Somos unha entidade pequena da economía social e solidaria, un equipo de catro persoas que traballa no eido sociocultural en proxectos artesanais”, explicou Olga Romasanta, responsable de comunicación de Rexenerando, que ao inicio da xornada encargábase de presentar por videoconferencia ao alumnado tanto as áreas de traballo da organización, que centra o seu labor na participación social, a igualdade e diversidade e a cultura, memoria e lingua, como o tipo de web co que quererían contar.
Romasanta sinalou que “un dos retos para entidades como a nosa” é precisamente “saber contar o que facemos”, o que levouna a pór de relevo a importancia desta colaboración, “porque interésanos moito saber como outras persoas que se están formando neste campo contarían dun xeito visual quen somos e que facemos”. Explicou que a cooperativa atópase actualmente “nun proceso de redefinición real da nosa páxina web”, de tal xeito que esta iniciativa non só serviu para enfrontar o alumnado a un “caso real”, senón para que esta entidade puidese reunir unha serie de propostas, das que, sinalou, “seguro que podemos tirar proveito”.
Pola súa banda, o profesor Xabier Martínez Rolán, responsable desta materia, sinalou que esta actividade contou tamén coa colaboración da empresa Dinahosting, que cedeu o espazo no que as e os estudantes puideron aloxar a proposta que deseñaron ao longo da mañá. Previamente, recibiron un briefing que reunía información tanto sobre os ámbitos de traballo e iniciativas da cooperativa como do tipo de web que quererían, para logo manter un encontro virtual con Romasanta, no que solucionar posibles dúbidas antes de comezar a traballar na web, divididos en diferentes grupos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?