O CITIC da Universidade da Coruña (UDC) vén de organizar un encontro europeo coa finalidade de demorar a institucionalización das persoas con discapacidade e promover que permanezan o máximo tempo posible na súa casa. Dende COGAMI quixeron participar neste evento e para iso asistiron tres persoas usuarias e unha técnica do proxecto RUMBO.
Co lema Tecnoloxía ao servizo da inclusión, durante tres días reuníronse equipos de traballo para desenvolver solucións innovadoras encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. Entre os retos abordados salientaron a creación de dispositivos e ferramentas adaptadas como: adaptacións para persoas usuarias de cadeiras de rodas, un abrelatas multifuncional para o manexo cun só brazo, e solucións tecnolóxicas que melloren a accesibilidade.
O evento, organizado polo CITIC da UDC co apoio da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), contou coa participación de entidades locais como foi COGAMI e ASPACE Coruña e tamén europeas chegadas de Lituania, Bélxica e Eslovaquia. Organizadas en equipos, todas as persoas participantes abordaron desafíos prácticos relacionados coas necesidades cotiás das persoas con discapacidade.
COGAMI participa co CITIC nos seus proxectos de tecnoloxía inclusiva
Compartir Este Artigo

