Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O PSOE comprométese coa extensión de fibra óptica no rural galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O PSOE comprométese coa extensión de fibra óptica no rural galego

S. P.
Publicado: 12/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

psoe_patriciaotero_congreso.jpgA deputada socialista Patricia Otero defendeu hoxe no Congreso a extensión da fibra óptica ao rural galego para que todas as persoas, “con independencia da zona onde vivan, poidan ter acceso a esas conexións”. Nunha intervención na Comisión de Economía, Comercio e Transformación Dixital, a parlamentaria do PSdeG salientou “o tremendo esforzo” do Goberno central para levar a Internet de alta velocidade “ata o último recuncho dos concellos de Galicia”.
Sinalou tamén que os investimentos que puxo enriba da mesa o Executivo socialista” serviron para dar cobertura a máis de 236.000 fogares e empresas antes de que remate este ano” e a xeito de exemplo indicou que no concello con maior extensión na comunidade autónoma, A Fonsagrada, “só se detectaron problemas en 3 dos 290 núcleos de poboación que o integran, nun territorio de 438 quilómetros cadrados”. Con todo, afirmou que “é necesario seguir traballando para corrixir calquera deficiencia”.
Otero destacou “a vontade dos socialistas de acadar unha postura común co resto de grupos parlamentarios no tocante á despregadura da fibra no ámbito rural”, acordo que, segundo lembrou, materializouse na votación dunha emenda transaccional a unha proposición non de lei do Grupo Mixto, que acadou o apoio de 33 dos 3 membros da comisión. O texto definitivo inclúe a axilización da despregadura da nova rede nos municipios máis rurais, ante o fin do período de servizo das antigas liñas de cobre para a telefonía e a ADSL. Tamén contempla que se coordine coas operadoras (as responsables de prestar o servizo) e as administracións implicadas o proceso de extensión da fibra óptica no rural galego. Por último, acordouse instar ao Goberno a poñer en marcha unha campaña informativa “sobre o apagamento da era do cobre” e habilitar un mecanismo de reclamacións para os posibles afectados e afectadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?