Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xuventude Crea distingue a Gael Alberto Quintela, Tamara García e Laura Cuestas no apartado de videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xuventude Crea distingue a Gael Alberto Quintela, Tamara García e Laura Cuestas no apartado de videoxogos

S. P.
Publicado: 13/12/2024
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

xuventude_crea-3.jpgEste xoves 12 de decembro celebrouse finalmente a gala de entrega dos premios Xuventude Crea 2024, un certame que enxalza, visualiza e reivindica o talento dos creadores e creadoras da nosa terra (e da nosa terra no exterior). Segundo lembrou o conselleiro de Cultura, José López Campos, presente na gala, esta décimo quinta convocatoria foi a que obtivo máis participación, con 627 persoas inscritas, o dobre do ano pasado. Unha parte dos premios tivo un claro compoñente tecnolóxico, por exemplo os galardóns aos mellores videoxogos, que distinguiron a Gael Alberto Quintela, a Tamara García e a Laura Cuestas.
O certame, organizado pola Xunta de Galicia para incentivar a creación entre os mozos e mozas e impulsar os seus proxectos, apostou este ano “por ofrecer como máis visibilidade e proxección coa presenza en eventos relevantes do sector artístico internacional e coa posibilidade de participar en programas de formación”, como así o explicou López Campos. O representante do Goberno galego que estivo acompañado pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses e varios membros do seu equipo, gabou a calidade dos traballos presentados en moi diversas disciplinas nunha edición que, apuntou, “tamén se caracterizou pola transversalidade nas políticas públicas que teñen que ver coa mocidade”. Referiuse así á coordinación con outros departamentos da Administración autonómica como a Secretaría Xeral de Emigración, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ou a Axencia Galega das Industrias Culturais.
Deste xeito, o certame incluíu desta vez a persoas galegas residentes no exterior, que viaxarán á Comunidade mediante a Estratexia Galicia Retorna. Ademais, grazas aos Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego os responsables das obras gañadoras terán a posibilidade de ser seleccionados para un programa de formación e mentoring para poñer en marcha o seu proxecto. Pola súa parte, o Centro Dramático Galego poderá apoiar ás persoas ou compañías gañadoras da sección Pro na categoría de teatro, impulsando o lanzamento da súa proposta artística.
xuventude_crea_2.jpg 16 categorías premiadas
Os premios do Xuventude Crea 2024 recaeron en 16 modalidades, dúas máis que o ano pasado.
Na creación de contido, novidade este ano, distinguiuse a Sandra Martínez, de San Sadurniño, por O e-rural galego; en segundo lugar a Luis do Río, de Santiago, por A tradición cultural galega e as súas novas formas en internet, e en terceiro a Iria Fernández, de Ourense, por Metamorfose mariña.
Na categoría de videoxogos resultaron premiados Gael Alberto Quintela, de Arzúa, por Maestosia; Tamara García, de Carballo, por A Hundred Days of Summer, e Laura Cuestas, de Vilagarcía de Arousa, por Souri.
No caso das artes plásticas recibiu o primeiro premio Candela Eirea, de Cangas, coa pintura Un enrriba doutro; o segundo foi para Cristian Paz, de Ponteareas, coa escultura Escondedoiro; mentres que o terceiro compartirono Cora Novoa, de Valencia, coa escultura O que ocorre durante rexistros da acción, e Ainoa Simons, de Vigo, coa colección En esta casa viven todas.
Na arte urbana gañou o primeiro premio Álex Davila, de Lalín, con O mar non é un vertedoiro; o segundo recaeu en Fernanda Rodríguez, da Coruña, con Descentrada, e o terceiro en Pedro Gonzalo, de Vigo, con Identidade fragmentada.
No que respecta á banda deseñada, os recoñecementos foron en primeiro lugar para Izar Magallanes, de Vigo, con Negra sombra; en segundo para Jennifer de la Torre, de Ourense, por Señardade, e en terceiro para Alba Chan, de Pontevedra, con Minha axenda, compartido con Manuel Tudela, de Pontevedra, com Epicteto.
Os galardóns en cociña levaron ao primeiro posto a Pablo González e Ana Belén Pérez, de As Neves, pola súa Torrada con viño tinto Rubiós; ao segundo lugar a Jennifer Santabaya, de Dumbría, polas Vieiras á prancha sobre cama de crema de pataca e tetilla con crocante de castañas e xelatina de Albariño, e ao terceiro a Sofía Pérez e Valeria Rodríguez, de Pontevedra, con Lume da Santa Compaña.
En danza gañou o primeiro premio Judith Roca, de Lugo, coa obra Frente a frente, e o segundo Pablo Vázquez, de Pontevedra, por Silencio afogado. Mentres, o terceiro foi compartido polo grupo formado por Daniel Suárez, Alba Meijide e Bruno Orosa, de Vigo, por Go natural, e polo dúo de Noelia Prado e Claudia Pazos, da Coruña, por Lazos quebrados.
En canto ao deseño de xoias, recoñeceuse o traballo de Raquel Martín, de Rois, con Orixe; Yago Piñeiro, de Cangas, con Orquídeas, e Isani Diana Gil, de Santiago de Compostela, por A armonía do origami e o metal.
Outra das novas especialidades, a de DJ, tivo como vencedor a Anxo Fernández, de Ponteareas, con A technocicleta de muiños, acompañado no segundo lugar por Lidia Fraga, da Coruña, con Darkness Session, e de Jorge Luis Pardo, da Coruña, con Entre tebras.
As obras premiadas en fotografía foron Non é debilidade, é fortaleza, de María Alborés, de Boiro; Pensamentos, de Daniel Pérez, da Estrada, que compartiu o segundo premio con Bruno Veloso, de Vigo, con Bágoas presas, sendo o terceiro tamén compartido entre Leire Ramallo, de Vigo, con Vestixios, e Aldara Vázquez, de Vigo, con Traspasar.
En moda levou o primeiro premio Uxía Loureiro, de Ponteareas, con Corpus Christi; o segundo, Ana Román, de Vigo, con Lilas, e Laura Villar, de Lugo, conseguiu o terceiro con Lembranza.
No apartado de música o primeiro posto recaeu en Sara Gimeno, de Cangas, con Quérote e Dans les rues de Bordeaux; o segundo en Juan Arca, de Vigo, con Sangue no canal e Peixe no millo, e o terceiro en Pablo Sexto, de Santiago de Compostela, con Paganini Lost e Jun Nagao.
A especialidade de novela curta premiou a obra A vinganza de Paquiño Jackson, de Alba Guzmán, de Ourense; en segundo lugar Carmilla e achegados, de Aaron Barreira, de Culleredo, e en terceiro O que ocultan as sombras, de Marcos Gómez, de Rianxo.
Mentres, en poesía recoñeceuse a Alexande Guerra, de Celanova, con Anfisbena do salitre; a Xián Lois Alcayde, de Culleredo, con Éxodo, e a Sofía Fernández, de Allariz, con Canícula.
Na categoría de teatro foi merecedor do primeiro premio na modalidade Pro a compañía Coidadobastón!, de Redondela, coa obra Recordari; do segundo t.E.T.a, de Ourense, coa peza Que importante é e que pouco se fala, e Nauta Teatro, de Teo, con Ephímeros. No que respecta ao apartado Amador, gañou o grupo Ska-Rnio, de Rianxo, con Fraktal; seguido de La Barata, de Santiago de Compostela, con Ingobernables (Apto/non apto), e de Esteta, de Taboadela, con A puta namorada.
Finalmente, foi galardoado co primeiro premio en videocreación Mario Fernández, do Carballiño, coa obra Liminal Station; Raquel Álvarez, de Vigo, con Estruturas. Apuntes de San Sadurniño, e Esperanza Valentina Castro, de Ourense, con Necesidade existencial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?