Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais da UVigo convértese en operadora de drons autorizada da AESA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais da UVigo convértese en operadora de drons autorizada da AESA

S. P.
Publicado: 13/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

instituto_de_fisica_e_ciencias_aeroespaciais_da_uvigo_ifcae4.jpgDende a Agencia Estatal de Seguridad Aérea (AESA) veñen de nomear ao Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE) da Universidade de Vigo (Uvigo) como operadora de drons autorizada, ampliando deste xeito as súas capacidades. Emporiso, esta autorización, acadada en colaboración coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación da UVigo, permitiralle “desempeñar un rol destacado no desenvolvemento e a expansión de actividades de investigación e transferencia con vehículos aéreos non tripulados”.
No IFCAE, os profesores Higinio González e Fernando Veiga, líderes do Laboratorio de Sistemas Aeroespaciais e de Transporte (Aerolab) da UVigo, serán os responsables da administración da operadora. “Este grupo de investigación especializouse na robótica aérea e no desenvolvemento de tecnoloxías vinculadas aos drons. Grazas á súa experiencia e coñecemento neste ámbito, poderemos xestionar e optimizar o uso dos drons para os múltiples proxectos nos que o instituto participa”, sinalan os profesores. Os pilotos autorizados, encargados da operación directa dos drons, serán Eduardo Ríos e Gabriel Fontenla, membros tamén do IFCAE e de Aerolab. “Eles recibiron formación especializada e contan coa certificación requirida para pilotar as aeronaves, o cal garante a seguridade e a eficiencia en cada unha das misións que se realicen”, apuntan desde o instituto.
instituto_de_fisica_e_ciencias_aeroespaciais_da_uvigo_aesa_ifcaee.jpgCómpre subliñar que a operadora conta xa cunha frota de drons que permite abranguer diferentes casos de uso en múltiples sectores. Algúns dos eidos nos que se centrará van desde a súa organización, inclúen a monitoraxe agrícola, forestal, mariña e de procesos de construción. Segundo detallan, no sector agrícola, estas aeronaves permiten unha observación polo miúdo e en tempo real dos cultivos, facilitando a detección temperá de doenzas, a avaliación de necesidades de rega ou a optimización de recursos. No ámbito forestal, estes vehículos non tripulados son ferramentas “valiosas para a vixilancia de áreas boscosas e a detección de incendios ou de cambios na masa forestal” e no sector mariño “poden realizar monitoreos na costa ou en espazos de difícil acceso, colleitando datos ambientais relevantes para o estudo de ecosistemas e a protección da biodiversidade”.
Alén destes usos, a operadora do IFCAE tamén realizará ensaios en tarefas loxísticas, que representan unha área emerxente no uso de aeronaves non tripuladas para o transporte de materiais. “A loxística con drons promete ofrecer solucións rápidas e eficientes en lugares de difícil acceso ou en situacións de emerxencia”, afirman. Neste senso, o equipo de Aerolab está a desenvolver aplicacións innovadoras no ámbito da robótica aérea, buscando integrar a intelixencia artificial nos drons para que poidan tomar decisións autónomas e mellorar a súa capacidade de resposta en distintos escenarios.
A consecución desta acreditación, comentan desde o IFCAE, “representa unha notable consolidación das capacidades do instituto no eido da tecnoloxía aeroespacial e no emprego de drons en sectores definitivos para a economía e a competitividade”. Acadar ser operadora, indican, “marca un fito para nós e para o campus de Ourense, reforzando as actividades de investigación e desenvolvemento de tecnoloxías aeroespaciais” e consolida ao grupo Aerolab “como un referente no sector”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?