Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mos e a Xunta prolongan a súa formación práctica en mercadotecnia, comunicación dixital e carpintaría 3D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mos e a Xunta prolongan a súa formación práctica en mercadotecnia, comunicación dixital e carpintaría 3D

S. P.
Publicado: 13/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mos_obradoiro_emprego-2.jpgO Concello de Mos e a Xunta clausuraron esta semana o obradoiro de emprego dual de Mos (Queda en Mos II) e (este venres) inauguraron a nova edición do mesmo (Queda en Mos III). Respecto da edición de 2024, tivo un orzamento superior aos 531.000 euros e achegou ás persoas asistentes (unha vintena) formación e traballo remunerado arredor da mercadotecnia e a comunicación dixital e da carpintería 3D. A experiencia aproveitouse para eventos organizados no municipio e para a dotación con infraestruturas de instalacións como centros educativos ou parques e espazos verdes municipais.
Mentres, o Queda en Mos III abordará traballos de carpintaría e móbel, a instalación de elementos de carpintaría e o deseño de produtos audiovisuais multimedia interactivos. Os detalles sobre a nova convocatoria foron dados a coñecer polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, que participou este venres 13 de decembro, xunto coa alcaldesa Nidia Arévalo, e a directora xeral de Formación para o Empego, Zeltia Lado, no acto de inauguración do obradoiro de emprego dual. Explicaron que na nova edición participarán novamente unha vintena de asistentes e que o orzamento global da iniciativa rolda o millón de euros entre ambas accións. O conselleiro sinalou que Queda en Mos III seguirá abordando traballos de carpintaría e móbel, a instalación de elementos de carpintaría e o deseño de produtos audiovisuais multimedia interactivos, en beneficio tanto das oportunidades laborais do alumnado traballador como da contorna.
O titular de Emprego explicou que estas actuacións, financiadas polo Goberno galego, “contribúen a reforzar a colaboración institucional entre a Xunta e as entidades locais a prol do emprego, un compromiso que se manterá”, dixo, “no 2025”.
Destacou que, a maiores de formarse e realizar un traballo de interese público remunerado, estas persoas poden obter un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación, bríndaselles a posibilidade de traballar nunha empresa do ámbito das materias impartidas por un mínimo de tres meses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?