Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña e o CLAG mostraron no CEI as importantes vantaxes da produción virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña e o CLAG mostraron no CEI as importantes vantaxes da produción virtual

S. P.
Publicado: 16/12/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

deputacion_cei_xornada_clag.jpgO Clúster Audiovisual Galego e a Deputación da Coruña desenvolveron nas instalacións do escenario virtual Coruña Estudio Inmersivo (CEI), situado na Cidade das TIC, a xornada formativa Novas formas de producir, vantaxes e promoción da Produción Virtual, dirixida a directores, produtores e creadores e axentes do sector audiovisual galego. O obxectivo foi presentar o CEI, as instalacións e o seu funcionamento, así como as posibilidades da creación audiovisual baixo os parámetros da produción virtual.
As persoas asistentes puideron coñecer esta nova forma de rodar, crear e producir da man de prestixiosos profesionais do sector, especializados en VP, que explicaron os avances que están impulsando a adopción de técnicas de produción virtual, en termos de modernización, competitividade e internacionalización.
A institución provincial explicou que esta formación supuxo a primeira visita do sector ao CEI, cuxas obras acaban de rematarse e está prevista a súa posta en funcionamento para principios do novo ano. “Foi unha oportunidade que sen dúbida aproveitaron ben as persoas os profesionais que desfrutaron das súas impoñentes instalacións e o equipamento que vai facer posible achegar a Realidade Virtual ao día a día das empresas do sector”.
A acción formativa constou de 4 bloques: o estado actual da VP, desde as boas prácticas e os sistemas máis axeitados para a captura de contornas e escenarios virtuais; as vantaxes competitivas e de produción do seu uso; o resultado obtido a través dun caso de éxito; e por último, a incorporación de personaxes virtuais en produción, completando así todos os procesos necesarios para poder afrontar unha VP con garantías.
–Libro Branco da Produción Virtual e Assets Dixitais. Manuel Meijide, director de Mundos Digitales, centrouse centrouse nos procesos de “boas prácticas” á hora de realizar unha produción virtual, e que recolle desde os aspectos tecnolóxicos, legais e xurídicos desta nova forma de rodar utilizando escenarios e personaxes virtuais 3D.
–Oportunidades da Produción Virtual. Oscar Olarte, fundador e director executivo de MR Factory, amosou os procesos que se levan a cabo para emprender unha rodaxe virtual, desde a preprodución, ata todos os procesos necesarios para a realización do mesmo. Centrouse en cuestión como posibilidades técnicas, desagregación de guións para realizar orzamentos en base aos recursos técnicos necesarios, propiedade intelectual, dereitos de autor, así como o futuro da produción virtual, a través dos últimos sistemas baseados en desenvolvementos de Intelixencia Artificial.
–Caso de éxito: videoclip inmersivo de Robbie Williams. Fernando Ramírez, axudante de realización e grafista sénior de 7yAcción (El Hormiguero), centrouse na experiencia inmersiva de produción virtual realizada o 2 de decembro no programa El Hormiguero. Xerouse unha singular disposición de pantallas, para que funcionara dun modo totalmente inmersivo ao situarnos no punto adecuado do set, coa finalidade de gozar dun videoclip no que a presenza física e dixital fúndense para adentrarnos nos distintos escenarios que marcaron a carreira de Robbie Williams.
-Personaxes virtuais volumétricos. Víctor M. Feliz, fundador e director executivo de The4DScanner. O relator centrouse nas necesidades específicas e nas vantaxes das rodaxes en escenarios virtuais, que fan necesario o uso de tecnoloxías que permitan a integración de personaxes virtuais volumétricos nos escenarios 3D. Segundo dixo, a tecnoloxía de captura volumétrica (deeplyVolumetric) revoluciona a industria cinematográfica e dos efectos visuais ao integrar á perfección elementos dixitais en secuencias da acción real. “Ao capturar actores humanos reais en 3D, permite crear efectos visuais asombrosos e interaccións realistas e axiliza a produción ao reducir a necesidade de extensas pantallas verdes e a edición de postprodución, proporcionando máis flexibilidade e control”, explicou.
A continuación dos relatorios, celebrouse unha mesa debate para interactuar coas persoas asistentes, directores, produtores, creadores e axentes con capacidade de decisión á hora de optar por unha produción baixo estes novos parámetros de produción virtual.
O CEI é un proxecto promovido pola Deputación da Coruña e cofinanciado con fondos Next Generation EU polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España , dentro da liña de acción 1 da inversión 1 do Compoñente 25, relativo ao fomento, modernización e dixitalización do sector audiovisual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?