Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense fomenta a transformación dixital de 300 pequenas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense fomenta a transformación dixital de 300 pequenas empresas

S. P.
Publicado: 16/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_ourense_acelerapeme.jpgAchegar asesoramento sobre novas tecnoloxías aos emprendedores e emprendedoras é o obxectivo da Oficina AceleraPeme da Deputación de Ourense. O dito programa fomenta a transformación dixital de preto de 300 pequenas empresas ourensás e constitúe unha iniciativa que achega asesoramento e información sobre tecnoloxías para a súa transformación dixital e sobre convocatorias de axudas, amais de facilitar redes de contactos profesionais e ofrecer unha asesoría personalizada.
O deputado de Innovación, Jorge Pumar, acompañado polo director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Marcos Valiño, visitaba a pasada semana na rúa do Paseo a oficina itinerante que proporciona este servizo, que conta ademais con outras tres sedes: dúas oficinas físicas permanentes situadas no Pazo Provincial e no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro en Xinzo e outra virtual, que se suman a esa oficina itinerante que percorre a provincia para mellorar a competitividade dos emprendedores.
Indo ao programa AceleraPyme, do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, dicir que forma parte do Plan de Dixitalización de pemes 2021-2025, financiado pola Unión Europea. A Deputación de Ourense presentou a este programa o proxecto AcelerOU, co obxectivo de apoiar ás pemes, autónomos e emprendedores ourensáns no seu proceso de dixitalización, contribuíndo a mellorar a súa competitividade.
As actividades realizadas ata agora no marco do programa AceleraPyme inclúen: o asesoramento a 148 empresas, pemes e autónomos; o contacto directo con outras 121 empresas; 25 axudas de kit dixital tramitadas e ata 11 seminarios informativos.
As charlas de asesoramento realizadas pola provincia beneficiaron, ata o momento, a usuarios de Nogueira de Ramuín, Verín, Monterrei, a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense (AJE), a asociación ProVivienda, Quintela de Leirado, Riós, Manzaneda, A Merca, o Plan de Sustentabilidade Turística Ribeiro-Carballiño e o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Carballiño.
Ademais, está previsto realizar 31 seminarios máis pola provincia durante o primeiro semestre de 2025.
Para aquelas persoas interesadas en acceder ao programa AceleraPyme da Deputación, deberán seguir estes pasos: o usuario/-a contacta coa Deputación a través das diferentes oficinas dispoñibles, analízase o seu caso para realizar unha análise e diagnóstico do mesmo en canto a dixitalización e en base a este, elabórase un plan de acción que guíe ao usuario/-a nese proceso de dixitalización.
Pódese obter máis información na web do programa, así como na conta de Facebook @AceleraPymeDepourense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?