Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Netflix escolleu Vigo para facer promoción de El Juego del Calamar 2
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Netflix escolleu Vigo para facer promoción de El Juego del Calamar 2

S. P.
Publicado: 16/12/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

juego_calamar_vigo_2.jpgA plataforma de contidos en streaming Netflix escolleu a cidade de Vigo para facer promoción da segunda tempada da serie surcoreana O Xogo da Lura (El Juego del Calamar), que é a máis vista da historia da plataforma con máis de 265 millóns de reproducións coa súa primeira entrega, converténdose nun fenómeno cultural a nivel mundial.
O pasado venres o rexedor vigués, Abel Caballero, enfundouse a chaqueta do xogador 456 (Seong Gi-hun) para recibir na cidade a figura da boneca Young-Hee, que chegou acompañada dos pink guards.
Cun tamaño de 4,5 metros, estivo instalada na praza da Constitución ata este domingo 15 de decembro.
Vigo foi a primeira cidade escollida por Netflix para realizar a promoción da segunda tempada do serial, que se estreará o vindeiro 26 de decembro. Dous dos protagonistas principais da serie estiveron estes días en Vigo visualizando os detalles da nova tempada, acompañados do equipo de gardas que se encargou de vixiar a boneca instalada na praza da Constitución, levando a cabo diferentes gardas para impedir que aquela ficase desprotexida.
Segundo confirmou o Concello, foron moitos os veciños e visitantes que se pasaron polo centro histórico de Vigo para contemplar o cambio de garda, acompañado da banda sonora da serie.
Catro actores e dez bailaríns foron os protagonistas desta iniciativa de Netflix en Vigo canda a boneca xigante Younghee, protagonista do xogo Luz vermella, luz verde da serie.
A campaña da plataforma chegará estes días de decembro a outros puntos de España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?