Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: KosmoTech_1200 reconstrúe o Coro do Mestre Mateo coa axuda da realidade virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

KosmoTech_1200 reconstrúe o Coro do Mestre Mateo coa axuda da realidade virtual

S. P.
Publicado: 18/12/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

usc_proposta-de-restitucion-estrutural-do-coro.jpgO grupo de investigación KosmoTech (USC) presentou os detalles dun proxecto de seu para rematerializar virtualmente o coro da Catedral de Santiago: o Coro do Mestre Mateo. Mediante as novas ferramentas inmersivas, achegouse a restitución de catro sitiais e unha nova proposta de reconstrución integral da estrutura arquitectónica do coro.
Antecedentes
Fontes da Universidade de Santiago puxeron o foco na importancia restitutiva do proxecto (que contribúe a encher baleiros estruturais perpetrados no tempo) e lembraron que o Coro do Mestre Mateo desmantelouse nos albores do século XVII e ao longo do XX realizáronse diversos intentos de reconstrución parcial “sen chegar a unha solución satisfactoria en canto á súa configuración arquitectónica xeral, estrutura dos sitiais, disposición escenográfica e programa iconográfico”. Mais “o achado de novas pezas do coro durante as obras recentes de acondicionamento da cripta do Pórtico da Gloria permitiu alcanzar unha nova visión de diversas partes da súa estrutura”, sinalaron.
A raíz deses últimos descubrimentos e dunha exhaustiva investigación xurde o proxecto KosmoTech_1200, laboratorio multidisciplinar que une tecnoloxías avanzadas con investigación histórico-artística e arqueolóxica de vangarda para reconstruír dixitalmente patrimonio único. Esta iniciativa puxo o foco na Catedral de Santiago de Compostela como estudo principal e, en concreto, as estruturas creadas baixo a dirección do mestre Mateo: o nártex occidental e o coro pétreo. Financiado pola Axencia Estatal de Investigación, KosmoTech_1200 está desenvolvido no CISPAC grazas a un convenio de colaboración entre a USC e a Fundación Catedral de Santiago.

De esquerda a dereita, Anxo Miján, Francisco Prado-Vilar, Alexandre González e Carlos Paz. Foto: Santi Alvite
De esquerda a dereita, Anxo Miján, Francisco Prado-Vilar, Alexandre González e Carlos Paz. Foto: Santi Alvite
Este martes 17 de decembro o equipo de investigación presentou os seus últimos avances nunha rolda de prensa na que participaron o investigador principal do proxecto, Francisco Prado-Vilar; o coordinador técnico Anxo Miján Maroño, e os técnicos de virtualización Alexandre González Rivas e Carlos Paz de Lorenzo.
Grazas ao seu traballo pode coñecerse unha nova visión integral da estrutura arquitectónica do coro así como unha reconstrución en 3D inmersiva de catro sitiais. Tal e como asegurou Prado-Vilar, logro da reconstrución virtual do coro “sería posible a rematerialización deste monumento e doutros moitos que hoxe xa non existen na súa forma orixinal”.
Dimensión pedagóxica do Coro
O concerto vocal do coro entronca directamente coa excelencia escultórica do Pórtico de la Gloria, onde o mestre Mateo dirixiu o seu obradoiro de escultores para que representasen fielmente en pedra un concerto de música instrumental, “rexistrando todos os seus detalles cun naturalismo nunca alcanzado ata entón, desde a disposición corporal dos músicos ata as características técnicas de cada instrumento, e o mesmo fixo co concerto vocal do coro”, explicou a USC.
Todos os detalles deste complexo monumento, os xa coñecidos e os descubertos a partir da análise rigorosa dos fragmentos atopados, foron catalogados e fotogrametriados polo equipo científico técnico de KosmoTech_1200 para a súa posterior inserción nun modelo reconstruído en 3D inmersiva de catro sitiais, cunha anastilose das partes ausentes e reconstrución das súas policromías baseada nos restos achados en cada peza.
Ademais, o equipo propón unha nova reconstrución integral da estrutura arquitectónica do coro que inclúe a decoración da fachada, a vía sacra, os sitiais, as tribunas e escaleiras de acceso, así como as arcadas exteriores e os sistemas de iluminación.
reconstrucion-fotogrametrica-de-catro-sitiais-do-coro.jpgKosmoTech
Unha parte esencial de KosmoTech é o desenvolvemento de modelos dixitais de última xeración que permitirán recuperar a experiencia multidimensional de cada espazo reconstruído e procesar datos de forma interactiva, así como visualizar as súas transformacións ao longo do tempo e, en última instancia, axudar ao deseño de estratexias informadas de conservación, transferencia de coñecemento e valorización do patrimonio.
Ademais de producir una restauración dixital de monumentos esenciais do patrimonio mundial, que xa non son accesibles na súa concepción orixinal, KosmoTech_1200 ten unha profunda vocación social, xa que achega a ciencia e o patrimonio á cidadanía e contribúe ao deseño de ferramentas pedagóxicas para axudar a grupos específicos a mellorar as súas habilidades cognitivas e creativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?