Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ciclo Centenario Telefónica recala esta semana en Ourense e Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ciclo Centenario Telefónica recala esta semana en Ourense e Santiago

S. P.
Publicado: 18/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ciclo_centenario_telefonica.jpgO ciclo de concertos Centenario Telefónica, enmarcado nas actividades de conmemoración do 100 aniversario da histórica operadora de telecomunicacións, chega este 19 de decembro a Ourense ás 13.00 horas (no Paraninfo do Instituto de Educación Secundaria Ramón Otero Pedrayo) e o venres 20 de decembro ás 20.45 horas a Santiago de Compostela, da man dos mozos músicos da Camerata da Escola Superior de Música Raíña Sofía.
O Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo de Ourense acolle o recital de Alba García (trompeta) e Luís Arias (piano), que ofrecerán un programa con obras de Albinoni, Haydn, Scarlatti, Chopin, Gershwin e Falla.
En Santiago
Polo que respecta ao concerto de Santiago, as novas promesas da Camerata interpretarán obras de Gluck, Bach e Mozart, xunto ao director Giovanni Guzzo, e os solistas Marc Ferrando, trompeta, e as sopranos Carla Gómez do Pulgar e Marlin González Zúñiga.
O concerto na monumental Catedral de Santiago, de entrada gratuíta ata completar aforo, ofrecerá obras do Clasicismo e do Barroco.
Desde o mes de abril de 2024, a xira Centenario Telefónica percorreu máis de 18 cidades españolas, recalando en escenarios tan emblemáticos e espectaculares como a Mezquita-Catedral de Córdoba, a praza do Concello de Toledo, ou a Catedral Vella de Salamanca, ou a Casa das Flores do Palacio Real de La Granja de San Ildefonso, nos que o público puido gozar de recitais, concertos de orquestra e de música de cámara interpretados por músicos da Escola Superior de Música Raíña Sofía e dirixidos por mestres de talle internacional como, entre outros, Nicolás Pasquet, Jordi Francés ou Andrés Orozco-Estrada.
Todos os concertos son de entrada libre ata completar aforo.
Telefónica é mecenas da Cátedra de Violín da Escola Superior de Música Raíña Sofía desde 1999. Grazas ao seu apoio centos de mozos músicos puideron formarse na Escola con matrícula gratuíta nos últimos 25 anos. Este ciclo de concertos enmárcase nos actos conmemorativos do Centenario de Telefónica, que a compañía está a celebrar durante todo 2024 con todos os seus grupos de interese e en todos os territorios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?