Non hai dúbidas en que DeepSeek está a realizar importantes achegas ao mundo da IA, especialmente ao pór de manifesto a necesidade de apostar pola eficiencia e por colocar sobre a palestra que China pode competir cos EE.UU. neste ámbito.
Pero o xeito de comunicar algúns detalles por parte de DeepSeek distan moito da honestidade, e dende SemiAnalysis realizaron unha estimación dos investimentos reais que está a realizar a compañía chinesa deixando claro que os 6 millóns de dólares que aseguran ter investido no adestramento de DeepSeek V3 é unha falsidade, pois só recollería unha pequena parte do custo total.
As estimacións de SemiAnalysis consideran que DeepSeek investiu máis de 500 millóns de dólares en hardware e, postos a afinar apuntan a que o custo dos servidores servidores de DeepSeek estaría no contorno dos 1.600 millóns de dólares, aos que habería que sumar uns 944 millóns de dólares en gasto operativos, deixando claro que a compañía chinesa está lonxe de ser un pequeno proxecto que sorprende cos seus resultados, constituíndo unha aposta moi importante pola IA.
Estiman que DeepSeek pode ter servidores por valor de 1.600 millóns de dólares
Compartir Este Artigo

