Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AMTEGA explicou o seu modelo de xestión da tecnoloxía a empresas latinoamericanas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AMTEGA explicou o seu modelo de xestión da tecnoloxía a empresas latinoamericanas

Redacción
Publicado: 12/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

250312_tic_x-4.jpgO director da AMTEGA, Julián Cerviño, participou esta mañá nun encontro cunha quincena de responsables tecnolóxicos de empresas e institucións de México, Colombia e República Dominicana, así como co Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID), organizado polo Clúster TIC de Galicia no marco dunha misión tecnolóxica inversa, que busca amosar o potencial tecnolóxico da Comunidade e establecer pontes de colaboración internacionais.
O obxectivo da xuntanza, celebrada no GaiásTech, foi dar a coñecer o modelo de xestión da tecnoloxía e as grandes liñas de actuación da Administración autonómica para impulsar a transformación dixital de Galicia.
O director da AMTEGA explicou como o Goberno galego decidiu concentrar nun único órgano a xestión das políticas tecnolóxicas e creou a AMTEGA en 2012. Desde entón, puxéronse en marcha tres axendas dixitais, que investiron preto de 2.900 millóns de euros, entre capital público e privado, en iniciativas para dixitalizar os servizos públicos, mellorar a conectividade e impulsar a capacitación dixital da sociedade.
250312_tic_x-3.jpg Julián Cerviño sinalou que, tras avanzar na dixitalización, Galicia aposta pola especialización tecnolóxica, como recolle a actual Estratexia Galicia Dixital 20230. Así, destacou algúns dos proxectos singulares que se están a desenvolver baixo esta premisa como a Estratexia Intelixente do Dato, a Estratexia Cloud ou a automatización no ámbito da Administración dixital, e outros como o novo modelo dixital de atención sociosanitaria, o xemelgo dixital de Galicia ou a rede de nodos de especialización en 5G, IA e Ciberseguridade.
Ademais, o director da Axencia destacou as iniciativas pioneiras de Galicia no ámbito da intelixencia artificial como ser a primeira comunidade que contará cunha Lei para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial no seu territorio; estar, tamén, entre as primeiras que aprobaron unha Estratexia de IA e acadar a sede da AESIA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?