Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A TVG estrea emisións en 4K
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

A TVG estrea emisións en 4K

Marcus Fernández
Publicado: 26/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tvg_uhd_05.jpgNa semana na que o Consello de Ministros aproba o novo Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre e medidas de impulso para a súa evolución tecnolóxica, o que suporá a xeneralización das transmisións en DVB-T2 para xeneralizar as emisións en ultra alta definición (UHD) a Televisión de Galicia sorprende estreando, sen anuncio oficial, unha canle de TDT en 4K, de xeito que as emisións da primeira canle da TVG están dispoñibles agora tamén en UHD.
Estamos ante un cambio que resulta bastante sorprendente, xa que a TVG era unha das poucas canles do territorio español que aínda non emitía en Full HD a través da TDT, e pasar de 720p a 2.160p supón un salto de resolución bastante rechamante.
Cómpre salientar que o salto de resolución non supón un salto na calidade de imaxe proporcional, xa que os contidos non teñen resolución 4K nativa e as emisións en ultra alta definición ocupan un largo de banda moi axustado: actualmente a TVG emprega uns 5,3 Mbps para achegar o seu sinal a 720p e 50 imaxes por segundo, mentres que as emisións a 2.160p e 50 imaxes por segundo empregan unicamente 6,5 Mbps (bastante menos que os 9,8 Mbps da canle 4K de TVE).
Cómpre lembrar que as 12 televisións autonómicas do Estado agrupadas na FORTA forman parte de UHD Spain dende 2021, polo que o compromiso das televisións públicas coa adopción desta tecnoloxía estaba claro, quedando agora ver como esta modernización audiovisual vai chegando pouco a pouco a uns fogares que veñen equipándose con televisores 4K dende hai anos, sen apenas contidos que tiren proveito das súas pantallas (máis aló dos achegados a través de plataformas de pagamento en liña).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?