Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia marca o rumbo da fotónica autosuficiente e de baixo consumo co proxecto bLOSSom
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia marca o rumbo da fotónica autosuficiente e de baixo consumo co proxecto bLOSSom

S. P.
Publicado: 04/03/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

blossom_citius.jpgGalicia sinala o rumbo da fotónica. O Centro Tecnolóxico Gradiant (Vigo) e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS, Santiago) participan nun novo proxecto europeo que impulsará o desenvolvemento de sistemas fotónicos capaces de alimentarse a si mesmos e reducir drasticamente o consumo enerxético en aplicacións de intelixencia artificial e procesamento masivo de datos.
Financiada polo Consello Europeo de Innovación (EIC) con case tres millóns de euros a través da convocatoria Pathfinder Open 2025, a iniciativa internacional bLOSSom (siglas en inglés de Self-Sustained Photonic Systems through Autonomous LOSS Harvesting, Sistemas Fotónicos Autosostidos mediante Captación Autónoma de Perdas Enerxéticas) combinará investigación na fronteira do coñecemento e innovación tecnolóxica cun liderado científico con forte presenza feminina.
Dende a USC salientan que das 2.087 propostas remitidas desde 71 países distintos no ano 2025 ao programa Horizon-EIC-2025-Pathfinder, “unicamente 44 obtiveron financiamento deste programa de axudas á innovación no marco comunitario, dotado con máis de 140 millóns de euros para impulsar tecnoloxías radicalmente disruptivas en fases moi temperás de desenvolvemento”.
A coordinación deste proxecto, que arrancou oficialmente o pasado 1 de marzo, recaerá na Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), que será a institución responsable de liderar un consorcio internacional integrado por entidades de España, Polonia, Portugal e Irlanda; entre elas, a rede de investigación Łukasiewicz (Polonia), o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía (INL), F6S Network (Irlanda), o CiTIUS da USC e a spin-off do centro energHius. O proxecto desenvolverase durante os vindeiros catro anos.
O principal foco investigador de bLOSSom centrarase na fotónica integrada, a tecnoloxía que emprega a luz para procesar e transmitir información dentro dos chips.
Dende a USC sinalan que “aínda que esta tecnoloxía ofrece enormes vantaxes en velocidade e eficiencia, os seus dispositivos seguen xerando perdas enerxéticas durante o seu funcionamento”.
citius_edificio-4.jpgDende o CiTIUS explican que un dos obxectivos “máis ambiciosos” do proxecto é desenvolver un módulo fotónico integrado capaz de alimentarse a si mesmo e de activar o sistema sen depender dunha fonte de enerxía externa. “Este avance podería permitir o desenvolvemento de redes fotónicas modulares ultra-masivas e solucións neuromórficas (arquitecturas de intelixencia artificial inspiradas no cerebro humano) cuxo tamaño poida medrar exponencialmente sen un aumento proporcional do consumo enerxético”, engaden, apuntando que segundo as estimacións a reducións de entre 100 e 1.000 veces respecto ás arquitecturas actuais, con implicacións directas en centros de datos, infraestruturas dixitais críticas, sensores médicos e robótica industrial.
Dentro do consorcio internacional, o CiTIUS asumirá, xunto con energHius (spin-off xurdida da investigación desenvolvida no propio centro e constituída como empresa de base tecnolóxica na USC), o deseño da arquitectura enerxética do sistema. A coordinación científica do equipo do CiTIUS recaerá en Paula López, directora adxunta do centro de investigación da USC e responsable do plan de integración heteroxénea dos distintos compoñentes do sistema. A investigadora experta en microchips explica que “o noso reto é deseñar unha arquitectura capaz de captar, almacenar e reutilizar a enerxía que o propio sistema fotónico xera e malgasta. Estamos a desenvolver unha unidade de xestión enerxética autónoma, en tecnoloxía CMOS comercial, que permita o arranque independente do sistema e garanta a integración e interoperabilidade entre os compoñentes fotónicos e electrónicos”.
Xunto á responsable de bLOSSom no CiTIUS, o equipo do centro complétase cos investigadores Víctor Brea e Fernando Pardo e a investigadora predoutoral Laura Vicente, reforzando a dimensión técnica e o liderado feminino do grupo nun ámbito estratéxico para a transición enerxética e dixital. A implicación de energHius (quinta spin-off do CiTIUS), consolida ademais a conexión entre investigación académica e innovación empresarial. A empresa naceu en marzo de 2025 como resultado de máis de vinte anos de investigación en deseño de circuítos integrados de ultra baixo consumo, e o seu obxectivo fundacional é trasladar ao mercado solucións avanzadas de captación e xestión enerxética a escala micrométrica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?