Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: NordVPN xustifica ignorar os bloqueos de LaLiga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

NordVPN xustifica ignorar os bloqueos de LaLiga

Marcus Fernández
Publicado: 22/05/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

5826f41c3918df3aff73a82fa605f43c.jpgNo mes de febreiro a Sección do Mercantil do Tribunal de Instancia de Córdoba sorprendía cun bloqueo temporal dos servizos Proton e NordVPN durante a emisión de partidos de fútbol atendendo a unha denuncia presentada por LaLiga e Telefónica, converténdose na primeira acción xudicial dinámica en Europa dirixida contra a difusión ilegal de contidos a través de servizos de VPN.
Pero dende NordVPN defendéronse desta medida que defendía uns bloqueos que consideraban indiscriminados, conseguindo que o xulgado desestime a solicitude de LaLiga para impor multas coercitivas á compañía de ciberseguridade por incumprir as medidas cautelares que lle impuxeran.
nordvpn_portatil.jpg Isto foi así porque NordVPN foi quen de demostrar ante o xuíz que o sistema de bloqueos que promove LaLiga non é axeitado, deixando constancia que os enderezos IP dende os que se realizan as emisións deportivas ilegais están a mudar constantemente (polo que cando se aplica un bloqueo a listaxe de enderezos IP subministrados xa está obsoleta e non coincide coa realidade) e tamén demostrou que os bloqueos baseados en enderezos IP provoca grandes danos colaterais, deixando inaccesibles milleiros de páxinas web e servizos que son completamente legais (xa que os enderezos IP compártense en moitas ocasións).
Estamos ante unha decisión xudicial importante, xa que recoñécese que os bloqueos impulsados por LaLiga non se axustan ás ordes xudiciais que os amparan, e supoñen unha agresión a infraestruturas da Internet que actualmente se consideran fundamentais.
Aínda quedan moitos episodios deste conflito por mor dos bloqueos de LaLiga, que probablemente remate cunha reforma lexislativa que non deixe dúbidas sobre a necesidade de que calquera bloqueo na Rede se realice atendendo á proporcionalidade das actuacións e procurando non prexudicar actividades completamente legais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?