Adamo quere acompañar á selección nacional na Copa do Mundo 2026, que comeza este mesmo 11 de xuño. A forma de facelo é beneficiando tanto a posibles novos clientes como aos que xa o son. En concreto, se España gaña o Mundial (o cal, segundo Adamo, “non resultaría desatinado en absoluto, posto que é unha das favoritas”) Adamo regalará todo un ano de fibra óptica e móbil gratis aos 1.000 primeiros que contraten desde o pasado 9 de xuño ou que o fagan antes do 27 deste mesmo mes. Unha vez feita esta xestión, bastará con que se inscriban na web de Adamo, na sección adicada ao Mundial.
A operadora explica que “en contra da tendencia no sector, non nos centramos só en captar novos usuarios, posto que os clientes de sempre tamén participan nesta promoción; deste xeito, o operador sorteará entre eles, entre a Peña Adamo, exactamente o mesmo premio”.
De novo, se a Vermella consegue levantar o ansiado trofeo de ouro de 18 quilates, a empresa obsequiará con 12 meses sen custo na cota base da fibra e o móbil a 20 clientes. No caso de que España quedase polo camiño na competición, de non chegar a ser campioa, os agraciados serían 10.
A orixinal oferta de Adamo vai da man da tarifa Caaalma Total, que consta de fibra óptica de 1 GB e chamadas e datos sen límite desde 34 euros, especialmente pensada para aquelas persoas que queren a máxima velocidade e a mellor cobertura. Ademais, por só un euro adicional, permite sumar unha segunda liña de móbil ilimitado. Así mesmo, Adamo destaca que este lote comporta un router Wi-Fi 6 para que o sinal chegue a cada recuncho da vivenda.
Pola súa banda, para os que buscan un prezo económico e a tranquilidade de pagar só polo que necesitan e consumen, Adamo dispón da tarifa Caaalma, que, desde 24 euros, proporciona fibra óptica de 400 Mbps para casa e móbil con 15 GB de datos, e mediante a que tamén pode accederse ao ano gratis de consumo con motivo do Mundial. Esta oferta pode transformarse facilmente nun paquete con dúas liñas móbiles de 15 GB a cambio dunha subida simbólica dun euro, é dicir, todo incluído desde 25 euros ao mes, engade a operadora, lembrando que tamén podemos acceder á campaña pola Copa do Mundo ao contratar fibra de 400 Mbps por 22 euros e a través do combinado de 600 Mbps con 60 GB de datos por 28 euros. Trátase, en todos os casos, de prezos finais que non se verán incrementados por extra algún.
Adamo regalará 1.000 contratos anuais de fibra e móbil gratis se España gaña o Mundial
Compartir Este Artigo

