
O programa Expresso celebra este xoves, 12 de novembro, o seu segundo evento no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela. A sesión será de 17.30 a 20.00, con entrada gratuíta previa inscrición en liña.
Os protagonistas serán dous fundadores galegos que se formaron en Galicia: Pablo Pazos, CEO (director executivo) de Barkibu, a startup de seguros para mascotas que se converteu, grazas á intelixencia artificial, nunha das empresas galegas de maior crecemento en Europa; e Daniel Rus, CTO de Innogando, que aplica tecnoloxía ao sector agroalimentario desde a base do sector primario. Tras as charlas haberá unha beliscada denetworking ofrecido por Teimas, empresa compostelá de software para a xestión de residuos.

Expresso é un programa de formación e traballo en rede para estudantes e mozas profesionais das novas ferramentas, impulsado por Ignacio Garbayo, Carlos Cao e Yago Falgueras en colaboración co GPUL e The Exponential Fellowship, e co apoio da USC a través da ETSE.

Persegue dous obxectivos: reunir o talento técnico de Santiago e de Galicia nunha comunidade propia, e cultivar a ambición dos máis novos mostrando saídas profesionais que van máis aló das habituais.
O programa arrincou o pasado 15 de outubro coas charlas de Pablo Castro e Reyders Morales.
A organización anima a acudir a calquera persoa interesada ou con curiosidade pola tecnoloxía e o emprendemento (non é necesario ser estudante). Para o alumnado da USC-ETSE, ademais, a asistencia conta para créditos da aula profesional.
