Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

Redacción
Publicado: 25/11/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

X está a reforzar as ferramentas destinadas aos creadores de contido cunha serie de novidades centradas no vídeo vertical, a edición audiovisual e a monetización das publicacións orixinais. Os cambios buscan facilitar a produción de contido directamente desde a plataforma e ofrecer novas vías para obter ingresos.

O editor multimedia incorpora funcións de gravación por segmentos, pantalla verde e transformación de vídeos horizontais en formatos verticais cun só toque. Tamén permite xerar subtítulos, recortar fragmentos, engadir textos superpostos e seleccionar miniaturas personalizadas. A edición de fotografías tamén se integra neste proceso.

Outra novidade permite combinar ata 20 fotografías e vídeos nunha mesma publicación, que os usuarios poden percorrer lateralmente. A función React with Video facilita responder a outras publicacións mediante un vídeo no que aparece o contido orixinal como fondo, unha opción dispoñible en iOS e Android.

A ferramenta Clipping permite extraer fragmentos de entre 5 e 60 segundos de vídeos que superen os dous minutos de duración. Os creadores poden engadir comentarios e publicar os recortes sen abandonar X. Cada fragmento inclúe un enlace ao vídeo orixinal e tanto o autor deste como quen realiza o recorte poden obter ingresos polas visualizacións. A función está dispoñible na web e nas aplicacións para iOS e Android.

Tamén chega Live Studio, aínda en fase beta, un espazo de control para retransmisións en directo desde a versión web. Permite programar emisións, xestionar os permisos do chat, modificar o título durante a retransmisión e consultar estatísticas en tempo real e unha vez rematada.

As novidades inclúen cambios no sistema de remuneración. Original Content Rewards substituíu en setembro o anterior programa Revenue Sharing e recompensa os creadores que achegan contidos orixinais á plataforma. Os participantes estadounidenses poden recibir os pagamentos de maneira inmediata a través de X Money, sempre que cumpran os requisitos do programa.

X tamén está a probar Video Kickstart Bonus, un incentivo por invitación que ofrece pagamentos adicionais pola publicación de vídeos verticais orixinais de menos de tres minutos e sen marcas de auga. Os contidos tamén poden estar publicados noutras plataformas e os participantes pasan antes ao programa Original Content Rewards.

Outra función experimental son os Subscriber-only Group Chats, conversas privadas en tempo real entre creadores e os seus subscritores de pagamento. Está destinada a contas con ata 800 subscritores e admite grupos de ata 1.000 participantes, cunha xestión automática das altas e baixas.

X xustifica esta aposta polo vídeo sinalando que as publicacións deste formato conseguen cinco veces máis alcance e interacción, e que xa concentran o 36 % das impresións totais da plataforma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026
Actualidade

WhatsApp por fin incorpora as mensaxes programadas

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?