
Na xuntanza entre a entidade galega e a española participou Jorge Cebreiros (presidente de Ine) e no seu transcurso tratáronse polo miúdo temas como os obxectivos da iniciativa, que vai orientada a achegar formación profesional sobre desenvolvemento de software, técnicas en seguridade informática, xestión de redes en software libre e xestor de bases de datos. Amais diso, a finalidade é cubrir certas demandas de persoal feitas polas empresas que integran a asociación galega, sobre todo no que atinxe ás áreas de consultoría analista de deseño de software.
Ineo participa nun proxecto para fomentar a inserción laboral no eido tecnolóxico galego
Compartir Este Artigo

