A empresa galega (con sede no Rosal) Bodegas Terras Gauda segue adiante co seu Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, a través do que convoca (un ano máis, e con este xa van seis) a deseñadores gráficos de todo o mundo. O espectro de acción é tan amplo como se pode imaxinar: chámase a participar a 54.000 artistas procedentes de empresas, escolas e universidades dos cinco continentes, que terán ata o vindeiro 30 de setembro para formalizar a inscrición coa achega de cartaces.
Segundo informa Bodegas Terras Gauda, xa se recibiron obras de todos os currunchos do Estado español e de países tan dispares e afastados como Paquistán, Exipto, China, Estados Unidos ou Italia. O gañador da edición 2007 do certame obterá 6.000 euros en metálico e, asemade, servirá de base para o cartaz da vindeira convocatoria do concurso. Para máis información, cómpre poñerse en contacto cos organizadores a través destes números de teléfono: 902 922 252 e 686 164 413.
Terras Gauda convoca a 54.000 deseñadores gráficos para o seu certame de cartaces
Compartir Este Artigo

