Nova web da Cadena SERA Cadena SER, radio líder de audiencia en España, mellora a súa presenza na Internet renovando a súa páxina web, que cambia de estética tras 4 anos coa mesma imaxe, e renova tamén o seu logotipo (que levaba preto de 40 anos inalterado). O logotipo do medio adaptouse ós novos temposO cambio da web coincide coa inauguración da nova tempada radiofónica, e aparte de amosar unha aparencia moi limpa e organizada (o que mellora a súa navegación) será só un primeiro paso do medio, que continuará a súa aposta pola Internet incrementando o uso das súas seccións participativas e de elementos multimedia coma os podcasts e a fonoteca. A nova páxina web inclúe especiais sobre grandes temas de actualidade, acceso a servizos (carteleira cinematográfica, grella televisiva, sorteos…) e información sobre as súas emisoras. Tamén dispón dun espazo propio para o Pulsómetro, a sondaxe periódica que realiza o Grupo Opina para a emisora radiofónica e na que se amosa o parecer dos cidadáns sobre a situación politico-social.