
O programa conta cun equipo de profesionais que destacan pola súa paixón pola tecnoloxía, de aí que Manu Martínez, Javier Polo e Marta Pastor se xuntasen para facer este espazo semanal de 1 hora de duración que tamén se pode seguir a través de podcast.
Na súa primeira entrega o programa fixo un completo repaso da actualidade, entrevistaron a un cooperante español en Camboia e ó popular blogueiro Enrique Dans, falaron de retrotecnoloxía (elementos que foron tecnoloxía no seu día e que xa pasaron á historia), da feira de videoxogos de Leipzig, dos novos móbiles de Nokia e mesmo estrearon a sección Made In Japan, na que un español no Xapón (Alejandro Cremades) nos ilustra sobre as novidades tecnolóxicas en oriente.
Os interesados nestes contidos xa poden descargar o programa en MP3.
Radio Nacional estrea un programa sobre tecnoloxía: 5.0
Compartir Este Artigo

