O reprodutor iPod estaba a quedar un tanto limitado no tocante á súa capacidade, polo que dende Apple decidiron incrementar os seus discos duros de xeito importante, polo que os novos modelos presentan 80 e 160 Gb de almacenamento para música, fotografías e vídeo.
A versión de 80 Gb conta cunha autonomía de 30 horas para música e 6 para vídeo, mentres que a de 160 Gb destaca por ser capaz de reproducir ata 40 horas de música e 7 de vídeo, que se venden a 239 e 339 euros respectivamente.
Ante a aparición de novos iPod estes vellos modelos responderán agora ó nome de iPod classic, e presentan un corpo metálico e, coma o iPod nano, tamén incorporan o sistema Cover Flow para unha elegante navegación entre os contidos incluídos no seu disco interno.
O iPod convértese nun clásico e incrementa a súa capacidade de almacenamento
Compartir Este Artigo

