Os futboleiros teñen un lugar máis no que compartir os vídeos cos seus momentos favoritos do deporte rei en Onogol, unha plataforma presentada hoxe pola operadora de cable Ono e que, en plan YouTube, permite que os afeccionados á Liga Profesional de Fútbol poidan publicar e compartir os seus vídeos favoritos nas categorías de goles, paradas, filigranas e curiosidades.
A nova web pretende chegar ó millón de usuarios antes de rematar o ano e foi desenvolvida pola empresa Addoor, segundo parece, empregando o motor vShare (un coñecido creador de clons de YouTube).
Ono estrea unha web para compartir vídeos futbolísticos
Compartir Este Artigo

