Un informe de EDUCAUSE realizado en universidades norteamericanas sobre o uso da electrónica de consumo por parte dos estudantes amosou que os ordenadores portátiles xa está a ser máis utilizados que os reprodutores multimedia, converténdose nunha ferramenta imprescindible para o 75,8% dos universitarios, fronte ó 68,3% de 2006 e o 52,8% de 2005, o que supón unha evolución impresionante, posiblemente impulsada polo descenso de prezo dos equipos informáticos e o espallamento da banda larga e a conectividade sen fíos.
Os ordenadores sobremesa, pola contra, están a sufrir un retroceso, baixando case 10 puntos dende o ano pasado, mentres que os teléfonos intelixentes están empezando a captar adeptos, pois pasou do 1,2% de 2005 a un 10,1% na actualidade.
O informe tamén indica que os estudantes de carreiras técnicas pasa unha media de 21,9 horas á semana facendo tarefas en liña, mentres que os alumnos de outras titulacións fan un uso inferior que vai dende as 18,7 e as 15,9 horas á semana.
O 75,8% dos universitarios norteamericanos ten ordenador portátil
Compartir Este Artigo

