
E isto tamén é aplicable ós países ricos, onde seguimos desfacéndonos dunha boa cantidade de electrodomésticos como faríamos cun carozo de mazá: botándoos ós monte. O caso é que segundo Greenpeace, o móbil de Apple e os seus accesorios inclúen policloruro de vinilo (PVC), plástico clorado e retardadores de lapa con bromo, compoñentes que non semellan facer bo caldo se entran en mestura directa coa auga.
Ó parecer, este e outros argumentos son os que veñen de levar ó Centro para a saúde e o medio ambiente de Oakland (California) a ameazar ó xigante Apple con levalo perante os tribunais se non fai nada por limitar o poder contaminante do seu revolucionario trebello, rico en toxinas e demais substancias altamente perigosas.
O prazo que dá o devandito centro é de 60 días. Segundo sinala o director desta entidade, algunha destas substancias son vellas coñecidas dos Estados Unidos, onde se teñen rexistrado numerosas malformacións físicas derivadas do seu paso á cadea dixestiva.
Activistas do medio ambiente levarán a Apple ós tribunais se non fai un iPhone máis limpo
Compartir Este Artigo

