Segue adiante o bus da Sociedade da Información de AGESTIC e ASAJA por terras galegas, levando ós recantos do rural a seguinte mensaxe: estarmos conectados á Rede ten importantes vantaxes para a formación persoal, a comunicación e, tamén, para a competitividade das nosas empresas. O vehículo, tamén chamado BUSSI, comezou este luns un itinerario por 25 localidades da provincia de Lugo cun acto de botadura na Alameda de Vilalba no que fixeron acto de presenza o presidente de AGESTIC, José María López Bourio, o responsable da Obra Social de Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Delgado e máis o secretario xeral técnico de Xóvenes Agricultores – Asaja Galicia, Juan Pérez Sánchez-Orozco.
Trala presentación oficial deste luns día 12, o BUSSI iniciou a súa andaina pola provincia, coas seguintes localidades: Outeiro de Rei – Rábade – Begonte – Baamonde – Parga – Guitiriz – Cospeito – Muimenta – Castro de Rei – Castro de Riberas do Lea – Mosteiro – Meira – Pastoriza – Bretoña – Momán – Abadín – Martiñán – Gontán – Goiriz – Alba – Lanzós – Matodoso – Candamil – Santaballa – Sancobade.
O bus da Rede comeza a súa andaina por 25 localidades da provincia de Lugo
Compartir Este Artigo

