Os proxectos lingüísticos encamiñados a preservar o galego e a fortalecer o seu uso teñen cada vez máis ligazóns co tecnolóxico, ligazóns que incrementan as posibilidades de perdurar desas iniciativas, do galego mesmo e ata das propias redes (case se podería dicir que do ben ensambladas que estean as ligazóns depende unha boa parte do éxito do proxecto). Precisamente das posibilidades da Sociedade da Coñecemento semella tirar partido o Arquivo Documental de Burela, un proxecto do IES Perdouro desta localidade mariñá que vén de ser recoñecido pola Xunta co Premio de Innovación en Normalización Lingüística –xunto con outras nove iniciativas doutros tantos centros galegos que podemos ver nesta resolución en pdf.
O IES de Burela, que recibiu o galardón por segunda vez consecutiva, baseou a súa proposta na constatación da seguinte realidade: nesta localidade lucense tense rexistrado un dos máis elevados niveis de galegofalantes de todo o país, pero sobre todo a nivel oral, xa que na escrita conta con escasa presenza.
Tendo en conta isto, un grupo de mestres e de persoeiros locais vinculados á cultura propuxéronse traballar a prol da “visibilidade social do galego” na vida de Burela. Na web que acompaña ó proxecto podemos rastrexar as distintas fases operativas do mesmo, que coinciden –punto por punto- cos seus obxectivos. A idea é recuperar todo tipo de textos (dende convites de celebracións a necrolóxicas) para reivindicar o emprego do galego na escrita a través de casos precedentes e, asemade, reivindicar a lingua e a identidade mesma de Burela na propia Sociedade da Información. Estes son os obxectivos devanditos:
· Localizar e compilar documentos emanados da sociedade civil burelá (convites de celebracións, necrolóxicas, actas de reunión de colectivos culturais e deportivos, etc).
O IES Perdouro de Burela reivindica o valor do galego na escrita… e na Web
Compartir Este Artigo

