Innovar non só consiste en poñer a nosa empresa na Web, senón en ter sempre presente a necesidade de ir afacendo ese espazo virtual ós novos tempos (sobre todo se temos en conta que os tempos tecnolóxicos discorren case a máis velocidade da que percibe o ollo). Nesta liña de renovación e de actualización é onde se vén de situar Castro Carrocera (Carsa, con sede en Vilagarcía), que presenta estes días na Internet a súa nova faciana en liña, baseada no sistema de programación .NET e incluíndo melloras na información achegada sobre os produtos da empresa no mercado de autobuses e autocares.
A nova web, que inclúe aplicacións Flash e un amplo catálogo sobre imaxes e vídeos sobre as carrocerías fabricadas en Vilagarcía de Arousa, vén dividida en seccións que orientan ó visitante sobre a índole da información achegada: Coñécenos (datos da empresa), A nosa esencia (os obxectivos da firma), Carrocerías (os produtos) ou Actualidade (información e fotos das últimas entregas efectuadas).
A galega Carsa inclúe na súa nova web un completo catálogo de carrocerías propias
Compartir Este Artigo

