
Esta nova entrega da enquisa procurou seguir os pasos de pasadas edicións, aínda que facendo máis rigorosa a súa metodoloxía, contando cunha plataforma tecnolóxica achegada pola empresa Netquest.

Os blogueiros tamén dedican bastante tempo ás súas bitácoras (a metade dos consultados emprega 1 hora ou máis ó día ó seu blogue) aínda que o 42% admiten que teñen abandoado o seu espazo virtual temporalmente.
Sobre a opción tecnolóxica elixida, máis da metade dos blogueiros empregan Blogger como plataforma de publicación, e no caso español ata o 34% conta cun dominio de Internet de seu.
En conclusión, a enquisa presenta un achegamento ó perfil do blogueiro hispano, pero aínda conta con certas eivas, como a dificultade de estimar o sexo dos blogueiros (uns estudos falan dun 75% de homes, mentres que outros falan dun 54% de mulleres), agardándose que co tempo se vai pulindo o sistema para que permita a súa continuidade e contraste entre os datos recollidos en cada edición.
Publican os resultados da III Enquisa a Blogueiros
Compartir Este Artigo

