Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova aposta de Innovación polo software libre inclúe a creación dun centro de referencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

A nova aposta de Innovación polo software libre inclúe a creación dun centro de referencia

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/03/2008
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Entre as accións programadas pola Consellería de Innovación e o Cesga para afianzar a presenza e –o que é máis importante– o emprego da informática aberta e ceibe, unha das máis salientables é a da posta en marcha dun Centro de Referencia e Servizos que Software Libre. A creación deste departamento ou complexo, incluído nun paquete de orzamentos e proxectos do que xa falamos nesta mesma web, iría encamiñada en boa medida a reforzar o papel que ata agora tiña (e terá) mancomun.org, onde grupos de usuarios e deseñadores de open source fornecen ós internautas galegos de produtos abertos e animan á colaboración.
O caso é que o centro de referencia será algo así como darlle un novo pulo e mesmo unha presenza física a este concepto libre da informática, especialmente útil para Galiza, segundo teñen sinalado todos e cada un dos implicados nel, e non só por pemitirnos máis liberdade de movementos fronte ás empresas multinacionais senón porque tamén dá máis marxe para a creación dun tecido empresarial propio e de maiores opcións de promoción do galego.
Segundo sinala Innovación, “o centro terá como misión fornecer recursos e servizos que promovan a implantación do software libre e dos estándares abertos para fomentar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico de Galiza”.
Con estas finalidades, desenvolveranse proxectos arredor de sete áreas de
actuación:
· Actuacións para a localización ao galego. Apoiaranse todas aquelas actividades destinadas a promover a localización de software libre en galego co obxectivo de manter actualizada como mínimo unha configuración de escritorio ofimático multimedia completamente funcional en galego.
· Actuacións para desenvolvemento. Reforzarase o actual repositorio de software libre e documentación en galego levando a cabo accións directas de dinamización en contornos empresariais e universitarios. Ademais impulsarase o uso das ferramentas libres máis estendidas, os mecanismos de liberación de software e as dinámicas de participación que favorezan a integración de novos membros na comunidade de desenvolvemento do software libre
· Actuacións para a implantación. Facilitarase e incrementarase a implantación de software libre e de estándares abertos con especial atención ao entorno empresarial.
· Actuacións de apoio á formación. Acometeranse accións de formación divulgativa sobre os conceptos do software libre.
· Actuacións de observación estatística. Apoiaranse os labores de observación e prospección estatística sobre estudos de software libre realizadas polas entidades e institucións galegas competentes.
· Actuacións para a difusión. Promoverase a participación e co organización de sesións de traballo con comunidades de desenvolvemento de software libre para facilitar e fomentar a integración da comunidade galega do software libre nas dinámicas de organización e produción baseadas no traballo colaborativo internacional en rede.
· Outras actuacións de soporte técnico. Fornecerase un servizo de soporte técnico de primeiro nivel como apoio á posta en marcha de iniciativas baseadas en software libre consideradas de interese.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?