
Agora, YouTube avanza neste eido, e achega unha colección de novas capacidades que permiten cargar vídeos a YouTube, engadir ou editar información sobre os vídeos (título, descripción, comentarios…), acceder a información sobre os vídeos máis vistos, os máis valorados… de 18 versións internacionais do servizo, realizar consultas optimizadas para as distintas versións locais e personalizar a interface de uso do seu reprodutor multimedia.
As aplicacións destas novas funcións poderían ser moi amplas, e como exemplo termos ó agardado xogo Spore, que permitirá a gravación de vídeos do mesmo que se poderán publicar directamente en YouTube; a ferramenta Animoto, que permite crear vídeos musicais coas nosas fotografías e subilos a YouTube; ou mesmo para publicar cursos e conferencias na Rede de xeito automatizado.
YouTube abre máis a súa API
Compartir Este Artigo

