Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os participantes de XGN contribuíron á tradución ó galego de catro programas abertos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Os participantes de XGN contribuíron á tradución ó galego de catro programas abertos

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/03/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xgn_noite.jpgO recinto externo (extranet) da Xuventude Galiza Net 2008 foi un ano máis un fervedoiro de actividades, probablemente máis có espazo reservado ós mozos e mozas inscritas, o que se supón que é o miolo da xuntanza. O caso é que na extranet xogouse, falouse e experimentouse arreo entre persoas de diferente nivel de coñecemento e de moi distintas idades, sendo a cuestión do software libre e das súas vantaxes para a sociedade galega unha das máis tratadas en detalle.
Como proba dese interese, os visitantes levaron unha cantidade considerable de programas abertos e en galego do stand da plataforma mancomun.org, que serviu en boa medida de base de operacións para os grupos de usuarios e deseñadores de open source da nosa terra.
Asemade, o devandito stand habilitado no recinto externo de XGN serviu de canle de cooperación cos participantes na intranet do encontro, cooperación que rematou por dar unha serie de froitos interesantes: as traducións á nosa lingua das máis de 1.500 cadeas da interface da futura versión 3.0 do OpenOffice.org (que ten o seu lanzamento previsto para outubro de 2008), de case 400 cadeas do Celestia(proxecto de código aberto do que xa falamos hai uns días), de preto de 200 do futuro navegador Firefox 3.0 e outras tantas do QDVDAuthor, que é unha ferramenta para a creación doada de DVDs.
Segundo informa mancomun.org, estes traballos poñen de relevo a boa acollida que tivo a súa mensaxe en Xuventude Galiza Net: o software libre en galego incrementa as boas opcións de acceso á Sociedade da Información, facilita o fluxo de coñecemento e tamén reforza as posibilidades de negocio das nosas empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?