Azureus, un dos clientes da rede BitTorrent máis populares, conta cunha listaxe de provedores de acceso á Internet que aplican filtros para limitar o uso do P2P por parte dos seus usuarios, recomendando cambiar de ISP para loitar contra esta práctica que parece que tamén se produce en España, pois a lista negra de Azureus inclúe ás operadoras ONO e Yacom.
Segundo a relación de provedores non recomendados ONO limitaría directamente o largo de banda dispoñible para tráfico BitTorrent, mentres que a limitación por parte de Yacom se limitaría a franxas horarias determinadas.

Para saber se o noso operador limita o uso da rede de intercambio de arquivos BitTorrent podemos empregar unha ferramenta de verificación vía web desenvolvida polo Instituto Max Planck, e que precisa para funcionar de soporte Java no noso equipo.
ONO e Yacom aparecen nunha lista negra para a rede BitTorrent
Compartir Este Artigo

