Os responsables de páxinas web que queiran incorporar característica sociais (rexistro de usuarios, invitacións, galería de membros, mensaxes internas…) pode facelo con só engadir unhas poucas liñas de código grazas a Google Friend Connect, un novo servizo que nace trala adopción de Google das tecnoloxías abertas Open Id (para identificarse a través das contas persoais de Google) e OAuth (para compartir a información persoal).
Esta nova solución aínda está en probas, e os interesados en incorporala ás súas webs deben inscribirse nunha listaxe de espera, pois nun primeiro momento Google quere manter certa interacción cos desenvolvedores e usuarios para mellorar estas solucións que van en paralelo con OpenSocial.
Google facilita a socialización de páxinas web
Compartir Este Artigo

