
Asemade, concorrerán no acto dous representantes da firma Imaxin (Diego Vázquez e máis José Ramon Pichel), responsable en boa medida da posta en marcha do sistema, xunto con dúas empresas máis e catro universidades, entre as que se conta a de Vigo.
Sobre a ferramenta
Lembrar que OpenTrad é un sistema de tradución automática en código aberto para todas as linguas do Estado e de uso gratuíto para todo o público. Até o día de hoxe puidemos botar man da tradución bidireccional entre os pares español-galego e español-catalán e a tradución do par español-éuscaro. Opentrad está deseñado para ser adaptado e configurado segundo as necesidades dos usuarios, permitindo a súa integración con calquera outro sistema.
Na actualidade, Opentrad está a ser utilizado por millares de usuarios para traducir textos, documentos ou Webs mediante a tradución das páxinas ao navegar na Internet. Outros usuarios utilízano para ofrecer as súas páxinas persoais, empresariais, blogs, etc. en galego, español, catalán e éuscaro.
Imaxin presenta este xoves melloras no OpenTrad
Compartir Este Artigo

