O Toshiba A305D puidose ver no ComputexO fabricante de procesadores AMD anunciou unha nova plataforma de alto rendemento para portátiles, que ata o momento se coñecía coma Puma e que consiste nun novo procesador AMD Turion X2 Ultra Dual-Core Mobile, un chip gráfico ATI Radeon HD 3000 e conectividade Wi-Fi (IEEE 802.11n) e 3G que van ser un referente nos portátiles baseados en procesadores AMD. Podemos contar así nun portátil cunha grande capacidade de cálculo que se combina cunha tecnoloxía que desactiva partes do procesador cando non están en uso (para reducir o consumo enerxético), saídas HDMI, DVI e DisplayPort (o que permitiría utilizar ata 4 monitores simultáneos), polo que serían equipos válidos tanto para xogar como para ver vídeo en alta definición. Toshiba xa se sumou á plataforma PumaEstas novas especificacións xa se poden ver en equipos reais durante o Computex, coma o Toshiba A305D, que funciona cun procesador AMD Turion Ultra ZM TL-80 a ,1 GHz, chipsets RS780M e SB700, 2 Gb de RAM, 320 Gb de disco duro, unidade DVD SuperMulti con Labelflash, pantalla de 15,4 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, webcam de 1,3 Mpíxeles, batería de 6 celas, fenda ExpressCard, Ethernet, lector de tarxetas 5 en 1, saída VGA, HDMI, FireWire, 3 portos USB 2.0 e un porto eSATA. Un equipo completísimo que nos lembran que aínda que os ultraportátiles de baixo custo estean de moda continúa a haber demanda dos equipos de altas prestacións.